A FP galega acada este curso as 115 aulas tecnolóxicas
martes, 9 de decembro do 2025
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, inaugurou o pasado 5 de decembro unha das 35 novas aulas tecnolóxicas que se poñen en marcha este curso, o que fai que Galicia acade xa as 115. Trátase da Aula de Torrado de Café do IES de Foz, dotada cun investimento de 55.000 euros, unha mostra máis da aposta pola modernización e a actualización constante da Formación Profesional.
Coa ampliación realizada este curso pola Xunta, o desenvolvemento destes espazos supón “un investimento global de 6,3 millóns de euros nos últimos catro anos e consolida unha infraestrutura innovadora orientada á excelencia e á empregabilidade”, salientou o conselleiro, que estivo acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez.
Os espazos de tecnoloxía aplicada teñen como finalidade reproducir ambientes laborais mediante equipamento avanzado. Segundo a especialidade de cada centro, poden incluír impresoras 3D, sistemas de realidade inmersiva, virtual ou mixta, tecnoloxías holográficas, ferramentas de intelixencia artificial aplicada ou equipos informáticos de altas prestacións. Cada aula está concibida como un referente no seu ámbito, favorecendo a colaboración entre administracións, centros e empresas, e reforzando a conexión entre o proceso formativo e as necesidades reais do mercado laboral.
No caso concreto da nova Aula Tecnolóxica de Torrado de Café do Instituto de Foz, reprodúcese un torradeiro profesional que permite ao alumnado coñecer de primeira man o proceso completo do café, desde o tratamento do gran verde ata a preparación final do produto. Para iso, está equipada con maquinaria específica como dispositivos de medición de humidade, densidade e tamaño do gran, un muíño especializado para as probas de cata e un torrador profesional con capacidade para ata dous quilos.
Novas aulas tecnolóxicas curso 2025/2026
|
Concello |
Centro |
Nome do proxecto |
|---|---|---|
|
Arzúa |
IES de Arzúa |
Espazo tecnolóxico dixital: Lidar e Innovación Dixital na Aula (LIDAD) |
|
Betanzos |
IES As Mariñas |
Laboratorio tecnolóxico de sistemas avanzados de axuda á condución e realidade aumentada e virtual |
|
Burela |
IES Perdouro |
EvoLuCiÓn.ArTe |
|
Burela |
IES Monte Castelo |
Aula tecnoloxía de investigación e innovación para laboratorio e prevención de riscos profesionais |
|
Cangas |
IES María Soliño |
TecnoFit: Conectando o adestramento e a aprendizaxe dixital |
|
Cedeira |
IES Punta Candieira |
Espazo DIXA 5.0 |
|
A Coruña |
CIFP Imaxe e Son |
AMA 5.0: Innovación en movemento |
|
A Coruña |
IES Ramón Menéndez Pidal |
Tenda dixital 360 |
|
Culleredo |
CIFP Universidade Laboral |
Aula de Simulación Inmersiva para a Manobra de Buques e Aprendizaxe da Dirección: SIMBAD |
|
Ferrol |
CIFP Leixa |
Espazo gráfico de innovación tecnolóxica: Realidade Virtual, aumentada, 3D e displays publicitarios |
|
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
Espazo Tecnolóxico de Dixitalización e Produción en rede de Carpintería e Mobiliario. |
|
Ferrol |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
Sala 360 de actividade física multidisciplinar |
|
Lugo |
CIFP As Mercedes |
Retail Lab 4.0: Innovación e tecnoloxía para o comercio do futuro |
|
Lugo |
CIFP Politécnico de Lugo |
LabTec 4.0: Espazo de Innovación en Dixitalización, Xestión Enerxética e Tecnoloxías IoT |
|
Mondoñedo |
IES Plurilingüe San Rosendo |
Espazo produtivo de alta eficiencia enerxética |
|
Monforte de Lemos |
IES A Pinguela |
Aula Tech Beauty |
|
Muxía |
IES Ramón Caamaño |
Obradoiro de I+D+i innovAR , “A creatividade como nexo de unión na producción entre empresa e centros educativos" |
|
Noia |
IES Virxe do Mar |
Aula escenario AV Noia XXI |
|
O Barco de Valdeorras |
IES Lauro Olmo |
Aula hibrido-virtual 2025 |
|
Ourense |
IES 12 de Outubro |
Laboratorio de impresión 3D. Ensaios de metroloxía avanzada na industria 4.0 |
|
Ourense |
IES Universidade Laboral |
Espazo de mantemento e industria 4.0 |
|
Ourense |
CIFP A Farixa |
Taller 5.0 |
|
Pontevedra |
CIFP Carlos Oroza |
OROZA lARPeLab |
|
Pontevedra |
CIFP Montecelo |
Espazo de Tecnoloxía Aplicada ao Citodiagnóstico e dixitalización de imaxes citolóxicas e histolóxicas en Anatomía patolóxica |
|
Pontevedra |
CIFP A Xunqueira |
Aula tecnolóxica de simulación industrial e prototipos electrónicos |
|
Ribeira |
CIFP Coroso |
Aula Efitec I.A. |
|
Santiago de Compostela |
CIFP Compostela |
HOTEL 4.0 Espazos Accesibles e Dixitais. Simulación Avanzada para Hotelería |
|
Vigo |
CIFP Manuel Antonio |
Aula CAD/CAM de Téxtil |
|
Vigo |
CIFP Audiovisual de Vigo |
Rede Educativa Audiovisual Galega (REAG) |
|
Vigo |
IES Politécnico de Vigo |
ATD7-EeOC. Espazo de tecnoloxía aplicada na FP á edificación e obra civil |
|
Vigo |
CIFP Valentín Paz Andrade |
Espazo de tecnoloxía aplicada en soldadura de última xeración |
|
Vigo |
IES Ricardo Mella |
RadioTech 4.0 |
|
Vilagarcía de Arousa |
CIFP Fontecarmoa |
Aula do mantemento na industria 5.0 para alumnos de Mecatrónica Industrial |
|
Vilamarín |
CIFP de Vilamarín |
Aula Bioprocesos: Aula de procesos bióloxicos controlados para a industria alimentaria e a restauración |
|
Viveiro |
IES María Sarmiento |
Garaxe I-ntelixente |
