A Fundación ONCE certifica a accesibilidade dos Galaxy S21 e S21 Plus
mércores, 5 de maio do 2021
No seu compromiso coas persoas con discapacidade Samsung
anuncia que os seus móbiles Samsung Galaxy S21 e S21 Plus veñen de obter o selo
Amóvil da Fundación ONCE, que xa tiñan anteriormente o Galaxy S20 e o Galaxy
Note 10, o que acredita que son dispositivos móbiles accesibles para persoas
con discapacidade.
O selo Amóvil nace do desenvolvemento da Fundación ONCE en colaboración con
Ilunion, e ten como obxectivo ofrecer información sobre as caracterÃsticas de
accesibilidade dos terminais comerciais, sendo Samsung o primeior fabricante
que conta con esta certificación en varios terminais.
A Fundación ONCE certificou que os Samsung Galaxy S21 e S21 Plus contan coas
funcións axeitadas para persoas con visión nula ou parcial, con audición nula e
parcial, con dificultades moderadas e severas para a manipulación, con cegueira
de cores e dificultades de fala. Estes terminais conta cun menú de
accesibilidade moi completo que permite aos usuarios atopar no panel de busca
as opcións precisas de xeito rápido e sinxelo, e tamén conta con opción de activar
algunhas funcións cando os usuarios acende o dispositivo por primeira vez, como
o lector de pantalla ou o control por voz ou asistente persoal.
No caso do Samsung S21 Plus 5G tamén pode destacarse unha función máis
especÃfica, adapt sound, que permite aos usuarios adaptar as frecuencias
sonoras ás súas necesidades ou preferencias.