A Nintendo DS axuda á vista
luns, 26 de novembro do 2007
Tralo éxito de Brain
Training e Más Brain Training
para Nintendo DS chega agora un xogo que en vez de buscar o adestramento da
mente persegue o exercicio e a relaxación dos ollos do usuario: Training
For Your Eyes.
O novo tÃtulo para a consola portátil de Nintendo se desenvolveu coa colaboración
do doutor nipón Hisao Ishagaki (experto en adestramento visual) e nos permite
probar a capacidade da vista mediante exercicios e xogos breves e divertidos ó
tempo que se van explicando os principais aspectos da visión.
Traning For Your Eyes ten 10 exercicios para a vista, centrándose en funcións
cotiás como a coordinación ollo-man ou o movemento de ollos, para o que se
ofrecen desafÃos seguir a unha bola agochada nunha caixa, atopar rapidamente un
número e mesmo participar en deportes coma o boxeo ou o tenis de mesa para
mesturar as actividades básicas con aplicacións máis de lecer fan menos tediosa
a práctica desta ferramenta para a vista que xa se vende por 29,95
euros.