A PS3 recibirá remasterizacións en HD de xogos de PSP
luns, 23 de maio do 2011
Sony Computer
Entertainment anunciou no Xapón unha nova liña de
videoxogos para PlayStation 3 que levará por nome PSP (PlayStation Portable) Remaster, que estará composta por
xogos da portátil de Sony adaptados á PS3 e dispoñibles en Blu-ray
(inicialmente no mercado nipón).
Esta iniciativa non deberÃa sorprender enormemente, pois durante bastante tempo
escoitáronse rumores de que certos xogos de PSP poderÃan adaptarse á PS2 para
alongar a vida da vella consola, e o que teriamos agora serÃa unha conversión
máis profunda, pois implicarÃa a adaptación dos gráficos á alta definición (na
liña do que se fixo con sagas como a de God
of War ou Prince of Persia), que
tampouco pilla de primeiras a Sony.
O primeiro xogo da liña PSP Remaster
será Monster Hunter Portable 3rd HD Ver,
que levarÃa a popular saga de cazadores de monstros á PS3 despois de vender
máis de 4,5 millóns de copias no Xapón nos últimos 5 meses, e do que xa está
dispoñible un trailer:
Pero non é o único xogo que seguirá este camiño, senón que dende Taiwán tamén
anuncian que a primeiros de xullo o mercado asiático recibirá God of War Portable Collection, que
incluirá conversións de PSP a PS3 dos xogos God
of War: Chains of Olympus e God of
War: Ghost of Sparta.
- Os xogos de God of War para PSP adaptarán os seus gráficos á alta definición
- Chains of Olympus e Ghost of Sparta farÃan que, pese a existir só un God of War nativo para PS3, nesta plataforma haxa 5 tÃtulos da saga
- O salto da PSP á PS3 de 2 aventuras de Kratos permitirá gozar das mesmas cuns gráficos mellorados e un control adaptado
- Comparación dos gráficos do último Monster Hunter nas súas versións de PS3 e PSP