A PS5 Pro por fin corrixe a súa tecnoloxÃa de mellora de resolución de imaxe por IA
venres, 27 de febreiro do 2026
Sony anunciou a chegada global dunha versión mellorada de PSSR (PlayStation Spectral Super Resolution) a PS5 Pro nas vindeiras semanas. A actualización do sistema permitirá activar a opción Mellorar calidade de imaxe de PSSR nos Axustes da consola para aplicar a nova experiencia a calquera tÃtulo compatible coa tecnoloxÃa.
PSSR é unha librarÃa baseada en intelixencia artificial que analiza as imaxes dos xogos pÃxel a pÃxel durante o proceso de escalado. Ata o momento, máis de 50 tÃtulos beneficiáronse dunha mellora efectiva da resolución grazas a esta solución na PS5 Pro. Levan meses traballando nunha revisión profunda da tecnoloxÃa integrada na PS5 Pro (que ate o momento funcionaba dun xeito moi deficiente), que introduce cambios tanto na rede neuronal como no propio algoritmo de procesamento. O primeiro xogo en integrar esta versión máis avanzada é Resident Evil Requiem, dispoñible dende hoxe mesmo.
Desde Capcom, Masaru Ijuin, responsable sénior da sección de asistencia ao desenvolvemento de motores no departamento de tecnoloxÃa fundacional de I+D, destacou o impacto da nova PSSR no resultado final do xogo: «Para Resident Evil Requiem centrámonos en mellorar a calidade de presentación do protagonista mediante unha versión mellorada do RE Engine que potencia a inmersión do xogador no terror. Por exemplo, cada cabelo e pelo da barba represéntase como un polÃgono, o que se traduce en reaccións realistas aos movementos do corpo e ao vento. A forma en que a luz atravesa o pelo tamén se ve afectada por como se solapan os diferentes guechos entre si. Esta expresión detallada de cada textura é só un dos moitos detalles que desexamos que vexan os fans.
A PSSR permitiunos elevar a expresividade procesando todos estes detalles e particularidades das texturas, elementos tradicionalmente difÃciles de escalar pola súa complexidade. Esperamos que gocen deste nivel de terror e fidelidade visual sen precedentes e de todo o que achega á xogabilidade».
O novo algoritmo e a rede neuronal empregados nesta revisión de PSSR son froito da colaboración de Sony con AMD no proxecto Amethyst. Parte deste traballo xa se materializou no ámbito do PC coa tecnoloxÃa FSR 4 de AMD, mentres que na PS5 Pro esta evolución incorpora seis meses adicionais de optimización especÃfica para o hardware da consola.
Sony avanzou que en marzo se ofrecerán máis detalles coincidindo coa incorporación da nova PSSR a varios xogos xa existentes. A actualización do software do sistema permitirá aos usuarios comprobar directamente as melloras gráficas nun catálogo crecente de tÃtulos compatibles, cunha aposta clara por manter altas taxas de fotogramas sen renunciar á máxima calidade visual.
