A PlayStation Store dobra os descontos para os subscritores de PS Plus
mércores, 21 de xuño do 2017
A tenda dixital de PlayStation inicia
hoxe unha nova promoción que consiste en dobrar os descontos que estaban a
ofrecer nunha chea de xogos para PlayStation 4 para os subscritores de
PlayStation Plus, o que supón ofertas moi atractivas. Por exemplo, o xogo The
Witcher 3: Wild Hunt ten un prezo habitual de 29,99 euros, ofértase a
23,99 euros en dixital, e no caso de subscritores de PS Plus o prezo será de
17,99 euros.
Algunhas ofertas moi atractivas serían, por exemplo, Tomb Raider: Definitive Edition por 8,99 euros, Pro Evolution Soccer 2017 por 11,99
euros, Battlefield 4 por 4,79 euros, Far Cry 4 por 15,99 euros, Far Cry Primal por 18,39 euros, The Crew por 9,99 euros ou Need for Speed Rivals por 7,99 euros.
Estas ofertas, e moitas outras, estarán vixentes ata o 5 de xullo e, adicionalmente
tamén está en oferta esta semana o xogo Sniper
Elite 4, á venda por 29,99 euros na súa edición ordinaria e a 44,99 euros
na súa edición de luxo.
