A Politécnica de Ferrol organiza a súa V OlimpÃada Robótica o 17 de abril
venres, 6 de marzo do 2026
A Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), organiza a súa V OlimpÃada Robótica o vindeiro 17 de abril. Farao en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), no Pavillón Municipal de Esteiro. Trátase dun campionato dirixido ao alumnado da ESO de toda Galicia.
Ao longo da xornada, o alumnado participante, divido en grupos de entre 3 e 6 mozos e mozas, terá que superar tres retos: un segue liñas con obstáculos, a proba do varredor e unha competición de sumo. O estudantado de 1º e 2º da ESO competirá na CategorÃa Promesas e o de 2º e 3º na CategorÃa Elite.
Na proba do segue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se impoñan no seu camiño. No varredor, o alumnado terá que empregar algoritmos similares aos que usan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede e varrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
O centros educativos interesados en participar nesta V OlimpÃada Robótica deberán inscribirse vÃa web antes das 23:59 horas do domingo 15 de marzo.
