A UDC dará conta do novo cadro de axudas europeas para o I+D+i nunha completa xornada
xoves, 28 de novembro do 2013
- O reitor LuÃs Armesto abrirá a xornada do vindeiro luns
O vindeiro luns 2 de decembro o Paraninfo da Universidade da
Coruña acollerá a Xornada
de Presentación do Programa Horizonte 2020, onde destacados
funcionario da Comisión Europea, xunto
con expertos en presentación de propostas, van debullar as liñas xerais, os
puntos fortes e os termos económicos e legais do novo programa cadro, que vai
cubrir o perÃodo de 7 anos comprendido entre 2014 e 2020, e que conta con
77.000 millóns de euros destinados á implementación da Innovation Union a través
do financiamento de I+D+i en universidades, centros de investigación e empresas
(o 20% do orzamento reservarase para a participación das PEME).
A xornada desenvolverase segundo o seguinte programa
9:00. Apertura da xornada
Xosé Luis Armesto Barbeito, Reitor da Universidade da Coruña
· 9:10. Introdución ao Horizonte 2020. Presentación de relatores
Xosé Manuel Silva, Conselleiro Especial do Presidente da Comisión Europea, Ex-Director Xeral de Agricultura da Comisión Europea.
· 9:30. "A I+D+i e o crecemento económico na Unión Europea: o papel de Horizonte 2020"
Román Arjona, Economista Xefe da Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea, Ex-Secretario Xeral de Innovación do Goberno Español
· 10:10. "Horizonte 2020, da investigación á innovación"
Jorge Velasco, FÃsico investigador, Delegado do CSIC en Bruselas
· 10:50. "Horizonte 2020: a investigación en consorcio"
LucÃa Sirera, Universidad de Alicante, experto nacional destacado en la Comisión Europea, Dirección Xeral de Investigación e Innovación
11:30. Descanso / café
· 12:00. "Piar I de H2020: Excelencia na Ciencia. Investigación básica, carreira e mobilidade"
Anxo Moreira, Punto Nacional de Contacto para asuntos legais e financeiros do H2020
· 12:40. "Piar II do H2020: Liderado Industrial. Investigación e Innovación en TecnoloxÃas da Información e a Copmunicación no Horizonte do 2020"
Luis RodrÃguez-Roselló, Ex-Xefe da Unidade de TecnoloxÃas de Redes da Dirección Xeral de Conectividade da Comisión Europea
13:20 Descanso / xantar de pé
· 14:30. "Piar III de H2020: os Retos Sociais. Saúde, cambio demográfico e benestar
Octavio Pernas, Punto Nacional de Contacto de Saúde no Reino Unido
· 15:10 "Regras de participación no H2020"
LluÃs Botifoll, Consultor de programas FP e Horizonte da Comisión Europea
· 15:50. "A arte de competir: do 7PM ao H2020"
Ricardo GarcÃa Mira, Profesor investigador da UDC e Coordinador de proxectos de investigación multinacionais
· 16:30. Debate conxunto público-relatores dirixido por Xosé Manuel Silva
Ao longo da xornada recolleranse entre o público cuestións para o debate final.
Os interesados en participar nesta xornada de entrada libre deberán comunicalo previamente por correo electrónico ou ao número de teléfono 981 167 000 ext. 1464.