6,2 millóns de euros para impulsar os centros tecnolóxicos galegos
luns, 17 de xullo do 2023
A Xunta de
Galicia vén de abrir o prazo da nova
convocatoria de financiamento para dar continuidade, por dous anos mais, ao
labor que desenvolven os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación
tecnolóxica de Galicia que figuran no rexistro estatal do Ministerio de Ciencia
e Innovación. Destinaranse 6,2 millóns de euros durante os anos 2023 e 2024.
Deste xeito, os
sete centros tecnolóxicos de Galicia –Aimen, Centro Tecnolóxico de
Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Anfaco-Cecopesca, Centro Tecnolóxico
de Automoción de Galicia (CTAG), Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG),
EnergyLab e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim) e os
dous centros de apoio á innovación tecnolóxica -Centro Tecnolóxico da Auga
(Cetaqua) e o Clúster de Acuicultura de Galicia (Cetga)– teñen até o 14 de
agosto para optar a estas axudas.
A ConsellerÃa de
EconomÃa, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, renova
este financiamento co obxectivo de proporcionar a estes centros un horizonte de
certeza económica que lles permita planificar e executar, coa programación
adecuada, as actividades de I+D+i que pretenden realizar.
As axudas
distribúense en función de 17 indicadores que valoran a perspectiva financeira,
de resultados e excelencia, e de persoal e igualdade de cada centro. Vincúlase
o financiamento público aos resultados obtidos por cada centro en transferencia
de coñecemento e captación de fondos competitivos, entre outros aspectos. Os
custos que se apoian inclúen persoal investigador ou técnico, material
bibliográfico e funxible, custos de formación do persoal do centro e outros
gastos ata un máximo do 10% da axuda concedida. Deste xeito impulsa a atracción
e retención de talento.
Enmarcada na
Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, este financiamento
basal promove asà a excelencia cientÃfico-técnica e a posta en valor do
coñecemento, impulsando a colaboración co tecido empresarial para potenciar o
impacto na competitividade das empresas e o crecemento da economÃa galega.
Esta liña
compleméntase coas axudas á adquisición de infraestruturas para fortalecer as
capacidades destes centros, e co financiamento basal ás fundacións de
investigación sanitaria e os recursos do Consejo Superior de Investigacións
CientÃficas (CSIC) en Galicia.
Estes centros son
un referente estatal pola súa especialización, posicionamento e competitividade
e actores clave do ecosistema galego de innovación pola súa contribución ao
desenvolvemento de tecnoloxÃas e á innovación, asà como pola súa colaboración
en iniciativas tractoras. O seu traballo xira en torno ás cadeas de valor
estratéxicas de Galicia.
Entre os seus obxectivos está o de tender pontes entre
a ciencia e as solucións tecnolóxicas e innovadoras que demandan tanto o tecido
empresarial como as administracións. Por iso, o Goberno galego tamén deseñou
programas especÃficos como Conecta Peme, Fábrica Intelixente e Sostible ou as
Unidades Mixtas de Investigación que buscan impulsar unha participación activa
destes centros promovendo a súa cooperación coa industria e favorecendo que a
innovación chegue a todo tipo de empresas.