A Xbox 360 Arcade substitúe ó Core System nos EE.UU.
martes, 23 de outubro do 2007
Microsoft lanzou onte ó mercado norteamericano un novo
paquete de comercialización da súa consola Xbox 360 que por 279,99 dólares
inclúe a consola, 5 xogos para todo a familia, saÃda de alta definición (HDMI),
un mando sen fÃos, e unha memoria Flash de 256 Mb para almacenar información
dos xogos e outros contidos.
Este novo paquete substitúe ó modelo básico da consola (coñecido coma Core
System) e engade asà bastante atractivo á consola de videoxogos de Microsoft. A
Xbox
360 Arcade inclúe os xogos Pac-Man
Championship Edition, Uno, Luxor 2, Boom Boom Rocket e Feeding
Frenzy, que xunto con mando sen fÃos fai que os usuarios que se inicien na
experiencia da Xbox 360 con este paquete poidan ter moito máis do habitual no
modelo máis económico da consola, que chegará a España o vindeiro venres.
Coa Xbox 360 Arcade a compañÃa de Redmond pretende achegarse ó lecer familiar,
para o que tamén anuncia que contarán con novos contidos descargables dende a
Rede, que incluirán a personaxes coma Bugs Bunny e o Pato Lucas, asà como 3
novas series de Nickleodeon que engordarán a colección de máis de 300 episodios
televisivos en Xbox LIVE.