A Xunta activa 8 novos cursos para mellorar a formación en ciberseguridade dos nosos profesionais
martes, 24 de marzo do 2026
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego poñen en marcha un ciclo de 8 cursos de formación especializada en ciberseguridade destinados a reforzar as competencias dixitais do tecido empresarial e profesional galego nun ámbito estratéxico.
Explicaron que esta iniciativa enmárcase nun convenio de colaboración entre ambas entidades para reforzar a formación en ciberseguridade, dentro do Programa ReTech e do PRTR, a través de INCIBE.
Na mañá deste martes 24 de marzo celebrouse a comisión de seguimento do acordo, na que participaron o director da Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia, Damián Rey; a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; e o director do Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia, Carlos Vázquez.
Explicaron que estas accións formativas impartiranse entre abril e xuño no Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG) e integramente en modalidade en liña co obxectivo de facilitar a conciliación coa actividade laboral das persoas participantes e favorecer o acceso á formación desde calquera punto do territorio galego.
Con preto de 150 prazas ofertadas, os cursos son gratuÃtos e suman máis de 180 horas de formación. Na maiorÃa dos casos, permitirán ao alumnado obter certificacións profesionais recoñecidas. Esta iniciativa complementa á xa ampla e consolidada oferta formativa en ciberseguridade coa que conta actualmente o CNTG, reforzando as oportunidades de especialización dispoñibles.
Estas son as formacións previstas:
-Curso multidisciplinar da seguridade dixital na industria 4.0 e protección de servizos esenciais - 6 ao 10 de abril de 2026.
-Curso de Responsable de Ciberseguridade en IACS Coordinado por ISA España - 8 ao 11 de xuño de 2026.
-Curso de responsable de auditorÃa de ciberseguridade en contornas OT - 4 ao 7 de maio de 2026.
-Curso Normativa de Ciberseguridade para VehÃculos UNECE R155 - 20 ao 23 de abril de 2026.
-Curso de ciberseguridade para vehÃculos eléctricos - 1 ao 9 de xuño de 2026.
-Curso de Ciberseguridade nas Frotas de VehÃculos - 18 ao 21 de maio de 2026.
-SEC556 - IoT Penetration Testing - 27 a 29 de abril de 2026.
-FOR572 - Advanced Network Forensics, Threat Hunting, and Incident Response - 13 a 18 abril de 2026.
