A Xunta aposta por unha ciberseguridade ao servizo de Galicia
xoves, 29 de xaneiro do 2026
A Xunta defende unha estratexia de ciberseguridade adaptada ás caracterÃsticas e necesidades propias de Galicia, en coherencia cos obxectivos marcados pola Estratexia Galicia Dixital 2030. Asà o puxo de manifesto este mércores o director da AMTEGA, Damián Rey, durante a apertura do VII Foro Rexional do ISMS Forum, celebrado en Vigo.
No seu relatorio inicial, Rey salientou a importancia de avanzar cara a unha especialización tecnolóxica que permita responder de maneira eficaz ás particularidades do territorio e do seu tecido produtivo. Como exemplo desta liña de traballo, referiuse ao proxecto piloto de ciberseguridade aplicado ao vehÃculo autónomo que se está a desenvolver en Vigo no marco do programa RETECH, no que a Xunta participa xunto con Cataluña, a Comunidade Valenciana e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE). A iniciativa, impulsada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e a Universidade de Vigo, permite probar de forma práctica solucións de seguridade no ámbito do transporte intelixente, un sector que representa arredor do 15% do PIB galego.
O foro reuniu ao longo da mañá máis de vinte especialistas que analizaron cuestións clave como a regulación da intelixencia artificial, a automatización de procesos ou o incremento do fraude dixital. Neste contexto, o director da Amtega subliñou o valor da colaboración institucional e público-privada para facer fronte ás ciberameazas, destacando o papel do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal. Este espazo de cooperación integra, xunto coa propia Axencia, entidades como o INCIBE, o Centro Criptolóxico Nacional, as deputacións provinciais, a FEGAMP e máis de sesenta organizacións do ámbito empresarial, tecnolóxico, investigador e educativo.
Na súa intervención, Damián Rey tamén fixo balance das actuacións impulsadas pola Xunta no eido da formación e da concienciación social. Entre elas mencionou a celebración anual do encontro CIBER.gal na Cidade da Cultura, a existencia de 14 másteres en ciberseguridade no sistema educativo galego, os 249 obradoiros desenvolvidos no pasado curso con máis de 6.500 estudantes participantes, asà como campañas divulgativas como Consellos de CiberEsther, realizadas en colaboración coa TVG e con millóns de visualizacións acumuladas.
