A Xunta destaca a súa nova liña de apoio ao emprendemento de base tecnolóxica en Compostela
venres, 12 de abril do 2024
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e EconomÃa Social, Pablo Fernández, participou hoxe na sesión de clausura da 10ª edición do Encontro Internacional de Mozos Emprendedores EIJE 2024, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia. Fernández tomou parte na entrega de galardóns desta cita, dirixidos a recoñecer ideas de negocio e proxectos empresariais de alumnos e exalumnos de graos e mestrado.
O representante da Xunta lembrou que a ConsellerÃa de Promoción do Emprego e Igualdade vén de abrir a convocatoria dunha nova edición de axudas ao inicio de actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado vencellado con elas. A Administración galega destina este ano medio millón de euros a esta convocatoria que ten o prazo de inscrición aberto até o 30 de setembro.
A iniciativa busca impulsar o espÃrito emprendedor entre persoas investigadoras e tituladas universitarias para favorecer que o resultado dos seus traballos desemboquen na creación de iniciativas empresariais e dinamizar, asÃ, o emprego cientÃfico e tecnolóxico.
Esta medida artella apoios económicos para facilitar o lanzamento das iniciativas en catro eidos: para a creación directa de emprego estable (achegas de até 24.000 euros), inicio e posta en marcha da actividade (até 30.000), conciliación da vida persoal, laboral e familiar (até 3.000 euros) e apoio á función xerencial (máximo 10.000 euros).
O secretario xeral puxo en valor, por outra banda, a colaboración da Xunta coas universidades públicas para acercar a mocidade ás empresas e viceversa, para facer que o emprendemento sexa unha opción atractiva para os que inician a súa vida laboral.
Tal e como lembrou, o Goberno galego destinará este ano 410.000 euros a promover actividades de impulso ao emprendemento entre a comunidade universitaria. Estes apoios permitirán organizar feiras de emprendemento e apoio ao emprego nos sete campus e crearán os premios ao emprendemento, con 20 galardóns aos mellores traballos Fin de Mestrado e Doutorado e Fin de Grao das tres universidades.
Fernández quixo destacar tamén o traballo conxunto entre Galicia e Portugal, cuxas universidades colaboran na organización do Encontro EIJE, para dispor de un mercado laboral aberto, accesible e sen fronteiras, a través do espazo Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
O secretario xeral rematou recalcando que a mocidade galega ten unha reserva de talento inesgotable que se ten que poñer tamén ao servizo do emprendemento e as iniciativas empresariais e comprometeu o traballo da Xunta para seguir a darlle o pulo que precisa.