A Xunta impulsa o modelo hÃbrido de E-Dixgal con novos materiais impresos
luns, 6 de abril do 2026
A Xunta de Galicia continúa avanzando na segunda fase de reforzo do modelo de ensino hÃbrido do programa E-Dixgal, iniciada o pasado curso. Neste contexto, dará un novo paso coa incorporación de recursos educativos impresos e material didáctico en formato fÃsico. Para iso, a ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP licitará este mes un contrato por máis de 1,1 millóns de euros destinado á adquisición destes contidos, elaborados por editoriais, que estarán dispoñibles nos centros participantes a partir do curso 2026/27.
O obxectivo é acadar un equilibrio efectivo nas aulas entre ferramentas dixitais e analóxicas, mediante un modelo complementario que permita aproveitar as vantaxes de todos os recursos e reducir os riscos asociados ao uso da tecnoloxÃa entre o alumnado máis novo.
E-Dixgal é un programa voluntario ao que os centros poden incorporarse ou darse de baixa con autonomÃa. InÃciase en 5º de Primaria, curso no que se introducirán os primeiros contidos en papel o vindeiro ano académico, e estenderase a 6º de Primaria no curso seguinte. AsÃ, no perÃodo de dous anos previsto para a implantación destes novos materiais fÃsicos, estÃmase que máis de 25.000 alumnos de todos os centros E-Dixgal de educación primaria se beneficiarán deles. Cómpre lembrar que xa en setembro estes niveis incorporaron o libro de texto, empregado de maneira simultánea co ordenador e os recursos dixitais.
No que respecta aos materiais en papel, incluirán fichas didácticas, de repaso e ampliación e de práctica empÃrica, todas elas adaptadas aos distintos niveis e áreas curriculares: Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua Estranxeira e Matemáticas.
As fichas didácticas incluirán actividades de comprensión, produción escrita, razoamento lóxico e análise, asà como propostas creativas, de investigación e de gamificación, utilizando o xogo como ferramenta pedagóxica. Terán formato reutilizable, incorporarán material gráfico e ofrecerán solucións accesibles mediante códigos QR.
Pola súa banda, as fichas de repaso e ampliación abranguerán prácticas guiadas, exercicios de repetición e consolidación, traballo con datos a través de gráficos, táboas e esquemas, asà como actividades de aplicación directa e outras de maior complexidade orientadas ao razoamento crÃtico, retos lóxicos e microactividades competenciais.
As fichas de práctica empÃrica permitirán desenvolver actividades experimentais en Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Matemáticas. Para iso, facilitaranse materiais como lupas, termómetros, básculas, cintas métricas, cronómetros, regletas, figuras xeométricas, mapas, moedas e xogos didácticos, entre outros.
Cada aula dos centros adheridos a E-Dixgal contará cun moble contedor propio no que se organizarán estes recursos, con copias suficientes para favorecer o traballo en equipo en grupos de polo menos cinco alumnos.
A incorporación deste material fÃsico irá acompañada de formación especÃfica para o profesorado, centrada no uso pedagóxico do modelo hÃbrido, a integración equilibrada de recursos dixitais e analóxicos, a aplicación de metodoloxÃas activas e o aproveitamento do material manipulativo. Ao mesmo tempo, a ConsellerÃa reforzará as accións informativas dirixidas ás familias mediante xornadas e obradoiros sobre o uso responsable da tecnoloxÃa, o acompañamento educativo e o papel dos libros de texto e dos contidos dixitais.
Esta actuación forma parte do proceso de actualización continua de E-Dixgal, cuxa primeira fase comezou no curso 2025/26 coa introdución de libros de texto en Primaria. Actualmente, arredor do 82% dos centros desta etapa combinan entre un e tres libros co uso de ferramentas dixitais, mentres que na ESO, onde esta integración xa estaba implantada, o 87% dos centros aposta polo modelo hÃbrido.
Paralelamente, consolÃdase a plataforma cREAgal, que ofrece materiais didácticos en aberto desde 5º de Primaria ata 4º de ESO, elaborados por docentes do sistema público galego. Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito estatal que reforza o modelo hÃbrido ao combinar contidos dixitais con documentación pensada tamén para o seu uso en papel, acompañada de guÃas didácticas.
Con estas medidas, o Goberno galego continúa avanzando na modernización do sistema educativo no marco da Galicia Calidade, promovendo un equilibrio entre tecnoloxÃa e pedagoxÃa e dando resposta ás esixencias normativas europeas e estatais, que sitúan a competencia dixital como unha prioridade desde idades temperás. Neste contexto, a Xunta ultima a futura Lei de educación dixital, chamada a ser a primeira destas caracterÃsticas en España e en Europa, coa que se regularán dereitos e deberes a partir do vindeiro curso escolar.
