A Xunta ofrece formación para a busca de emprego con ferramentas dixitais
venres, 20 de marzo do 2026
A Xunta de Galicia, a través da Rede de aulas CeMIT, pon en marcha un curso dirixido a persoas demandantes de emprego co obxectivo de que aprendan a manexar ferramentas e recursos dixitais para mellorar a súa procura laboral.
A formación desenvolverase nunha modalidade mixta, combinando sesións presenciais e en liña, e está orientada principalmente a persoas maiores de 50 anos. Terá lugar na aula CeMIT do Centro CÃvico de Eiris, na Coruña, entre o 25 de marzo e o 13 de maio. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de marzo e poderá formalizarse tanto na propia aula como vÃa web. Ademais, existe unha modalidade de autoformación en liña, accesible para todas as persoas demandantes de emprego a través da plataforma de teleformación de CeMIT, para a que é preciso estar rexistrado na rede.
A iniciativa Ferramentas dixitais para a busca de emprego pretende acompañar aos participantes no seu achegamento a estes recursos, fomentando a confianza no seu uso e mostrando o impacto que teñen na transformación do mercado laboral. Trátase dun curso cun enfoque práctico, orientado á empregabilidade e adaptado ás necesidades especÃficas das persoas maiores de 50 anos.
Entre os contidos, inclúese a aprendizaxe do uso de portais e aplicacións de procura de emprego como Emprego Galicia, SEPE, Linkedin ou InfoJobs, adaptados aos distintos perfÃs profesionais. O alumnado tamén traballará na optimización de perfÃs en liña, na elaboración dun currÃculo dixital e na preparación de entrevistas virtuais. Asà mesmo, o programa incorpora nocións básicas sobre o uso da intelixencia artificial aplicada á busca de emprego.
