A Xunta presenta a candidatura para que Santiago de Compostela sexa en 2028 Cidade Europea da Ciencia
xoves, 12 de marzo do 2026

- Imaxe de amaianos
A Xunta de Galicia formalizou hoxe a súa candidatura para que Santiago de Compostela poida ser designada cidade europea da ciencia no ano 2028. Deste xeito, a ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP culmina un traballo desenvolvido durante meses co obxectivo de acadar un novo fito para a I+G+i, a investigación e a innovación feitas na Comunidade. Trátase dun ámbito que o Executivo autonómico considera prioritario na súa acción de goberno.
Como explicou o conselleiro Román RodrÃguez, «iniciamos un procedemento esixente, xa que se trata dunha convocatoria moi competitiva e, polo tanto, dun obxectivo difÃcil de acadar. Con todo, cómpre intentalo porque, de conseguilo, permitirÃa reforzar a visibilidade do sobresaÃnte traballo cientÃfico que se desenvolve na nosa Comunidade, cada vez máis recoñecido a nivel internacional». Ademais, sinalou que «a obtención desta distinción levarÃa aparellada a captación de novos investimentos».
Estes fondos beneficiarÃan tanto a capital galega como as cidades de Vigo e da Coruña. De feito, a candidatura liderada pola Xunta conta como socios galegos coa cidade compostelá e coas universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, que poderÃan desenvolver actividades nos seus campus dentro da programación. Tamén participa a Asociación Galega de Comunicación de Cultura CientÃfica e Tecnolóxica.
Ata o momento, España non conseguiu ningunha declaración de cidade europea da ciencia, polo que, se a candidatura da Xunta obtivese o visto bo, Santiago converterÃase na primeira.
Obradoiros, festivais e actividades educativas
O proxecto, que leva por nome Ways, emprega o concepto do Camiño de Santiago para conectar a cidadanÃa coa ciencia, inspirándose no espÃrito de intercambio e mobilidade que caracteriza a Ruta Xacobea. Con este propósito, proponse converter a iniciativa nun percorrido europeo que una tres rexións: Galicia (España), Pomorskie (Polonia) e Emilia-Romagna (Italia), a través das cidades de Santiago, Gdynia, Rávena e Módena.
A Comisión Europea é a institución encargada da convocatoria, denominada Science Comes to Town, que acada a súa terceira edición. A través dela financia iniciativas que achegan a ciencia á sociedade. Apoia a organización de eventos públicos como festivais, obradoiros ou actividades educativas co obxectivo de promover a cultura cientÃfica, fomentar o interese pola investigación e fortalecer a relación entre ciencia e cidadanÃa. Este é precisamente un dos obxectivos do Plan galego de investigación e innovación aprobado pola Xunta de Galicia o pasado ano e dotado con máis de 1.300 millóns de euros.
