A Xunta reforza Lex.gal con intelixencia artificial para ampliar os recursos xurÃdicos en galego
luns, 6 de abril do 2026
A Xunta de Galicia aprobou a sinatura dun novo convenio de colaboración co Parlamento de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para avanzar na mellora dos recursos xurÃdicos en galego a través da optimización do portal Lex.gal. O acordo, que dá continuidade ao subscrito en 2022, contará cun investimento total de 513.564 euros ata 2029, dos que o Executivo autonómico achega algo máis de 105.000 euros.
A iniciativa busca reforzar e ampliar os contidos da plataforma mediante o uso da intelixencia artificial, incorporando novas seccións e mellorando as xa existentes. Ademais, preténdese optimizar o soporte tecnolóxico do portal, identificando e resolvendo cuestións clave para o seu funcionamento, co obxectivo de aumentar a súa visibilidade e facilitar o acceso da cidadanÃa a este recurso xurÃdico en galego.
Segundo as previsións, cada ano incorporaranse entre 6 e 10 normas con rango de lei, entre 40 e 60 disposicións administrativas de carácter xeral e arredor de 15 sentenzas. Desde a súa posta en marcha en 2016, Lex.gal suma xa máis de 4.300 normas publicadas, incluÃndo máis de 480 leis galegas e preto de 3.800 disposicións administrativas.
No marco deste convenio, a ConsellerÃa de Presidencia, Xustiza e Deportes asumirá a elaboración e actualización dunha colección consolidada de lexislación estatal en galego, incluÃndo a compilación de textos publicados no BOE e a súa adaptación ás normas lingüÃsticas vixentes.
Pola súa banda, a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude colaborará na elaboración da base de datos e nas tarefas de difusión, asà como na revisión lingüÃstica dos contidos. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia encargarase da xestión do sistema de información e do desenvolvemento das melloras tecnolóxicas, mentres que o Parlamento de Galicia exercerá a coordinación xeral do proxecto. A dirección cientÃfico-técnica recaerá na Universidade de Santiago de Compostela.
A actualización de Lex.gal encaixa nas liñas de actuación do Pacto pola lingua, especialmente no que atinxe ao impulso do galego na Administración pública e no ámbito da xustiza. Neste contexto, a Xunta tamén promove accións formativas especÃficas e o desenvolvemento de ferramentas que garantan a dispoñibilidade do galego en sistemas como Atenea, o novo modelo procesual do Ministerio de Xustiza.
