A Xunta transforma o modelo de Administración para ofrecer recursos e servizos adaptados ás necesidades da cidadanÃa
xoves, 12 de marzo do 2026
A Xunta de Galicia está a reformular o seu modelo de relación coa cidadanÃa co obxectivo de facelo máis eficaz, máis personalizado, máis accesible e máis seguro, segundo explicou hoxe o director da AMTEGA, Damián Rey. O responsable autonómico participou esta mañá no encontro Retos e apostas da transformación dixital nas Administracións Públicas de Galicia: goberno do dato e ciberseguridade, organizado pola revista da Sociedade da Información Dixital (SOCINFO).
No centro desta nova estratexia sitúase o Nodo de Información Cidadán (Citizen Data Hub), unha plataforma que emprega tecnoloxÃas de goberno do dato e intelixencia artificial para identificar as necesidades e intereses de cada persoa e ofrecerlle de maneira proactiva e personalizada os recursos e servizos que precisa.
O director da Axencia autonómica subliñou que este sistema garante a seguridade da cidadanÃa e dos seus datos e que, en todos os casos, xestiona o consentimento das persoas para poder recibir este tipo de servizos proactivos.
A iniciativa busca que a cidadanÃa perciba a Administración como un sistema integrado de xestión, en lugar dun conxunto fragmentado de departamentos. O Nodo de Información Cidadá sitúa ás persoas no centro da acción administrativa, permite coñecer mellor as súas necesidades e intereses e facilita unha xestión máis eficiente dos recursos e servizos públicos.
Na actualidade, a Xunta xa presta servizos proactivos seguindo este modelo en ámbitos como a tarxeta benvida para familias que teñan ou adopten un fillo ou unha filla, a renovación das licenzas de caza ou pesca fluvial, a declaración do censo de animais en explotacións gandeiras ou a declaración da colleita de uva. O propósito é estender progresivamente este sistema ao conxunto de trámites e procedementos administrativos.
Incorporación de avances tecnolóxicos na Atriga
Pola súa banda, a directora da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), Sonia Lafont, destacou a evolución continua do organismo e a incorporación progresiva de avances tecnolóxicos na administración tributaria. Segundo indicou, estes avances céntranse, por unha banda, na cidadanÃa, promovendo o coñecemento das obrigas tributarias e facilitando o seu cumprimento, e por outra, na detección de irregularidades e na loita contra a fraude.
Lafont explicou que a tecnoloxÃa permite ofrecer atención ao contribuÃnte por distintas vÃas: presencial, telefónica e telemática. Neste sentido, a Atriga conta cunha páxina web especÃfica e traballa tamén na implantación de asistentes virtuais. Ademais, anunciou que nas próximas semanas estará dispoñible unha nova Oficina Virtual Tributaria (OVT), deseñada para ser máis rápida e sinxela que a actual.
A directora da Atriga tamén fixo fincapé na ampliación constante dos medios de pagamento, co obxectivo de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias. Entre as opcións dispoñibles figuran a domiciliación bancaria, a transferencia, o Bizum, o xiro postal ou o pagamento a través das PDA dos carteiros rurais.
No encontro celebrado esta mañá tamén participou o xefe da Subárea de Seguridade da AMTEGA, Gustavo Herva, que abordou a situación e os retos da ciberseguridade na Administración autonómica.
