A cámara Samsung ST5500/CL80 contará con conectividade Wi-Fi
luns, 28 de decembro do 2009
Durante varias
horas na páxina web de Samsung puidéronse ver imaxes
da cámara ST5500 ou CL80 (o nome do modelo cambia segundo o paÃs no que se
comercialice), dispositivo compacto rechamante, por combinar prestacións
bastante avanzadas coma un sensor de 14 MpÃxeles, un zoom óptico de 7x, unha
pantalla táctil AMOLED de 3,7 polgadas, gravación de vÃdeo en alta definición
(720p a 30 imaxes por segundo) e Wi-Fi, de xeito que poderÃa
remitir automaticamente as fotografÃas rexistradas a servizos en liña coma
Facebook, Flickr ou Picasa.
Tamén conta cunha sensibilidade ISO entre 80 e 3.200 (podendo funcionar tamén a
6.400 ISO se reduce a resolución das imaxes a 3 MpÃxeles), obturador con modo
manual, almacenamento en tarxetas microSD (inclúe unha de 4 Gb) e o modo de
disparo Smart Auto, que inclúe 16 configuracións predefinidas que fan doado
tomar imaxes cunha aparencia profesional.