A cobertura da TDT segue a ser deficiente no Barbanza
venres, 3 de xullo do 2009
- As campañas informativas instan aos cidadáns a adaptar as súas antenas e receptores, pero de pouco serve se non melloran as coberturas da TDT
Pese a que durante estes
dÃas deberÃa ter chegado o apagamento analóxico á televisión de Carnota,
Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes e Porto do Son (que reciben o sinal de
Santiago de Compostela) por estar incluÃdos na primeira fase do Plan Nacional
de Transición á TDT, a cobertura da Televisión Dixital Terrestre continúa a ser
moi deficiente no Barbanza, o que resulta especialmente grave no caso de
Mazaricos, concello no que só o 48% dos fogares teñen a posibilidade de acceder
ao sinal dixital a dÃa de hoxe.
EstÃmase
que máis de 6.000 veciños do Barbanza (preto do 20% do total) seguen sen contar
con cobertura da TDT nos seus fogares, o que indica claramente que
non se fixeron os deberes no espallamento da televisión dixital en Galicia, agardándose
que en breve o novo Goberno da Xunta de Galicia anuncie o seu propio plan de
acendido dixital para solucionar a situación actual, que deixa a
moitos fogares afastados das posibilidades que abre a TDT.