A galega Avansig, gañadora global do South Summit na sección de mobilidade intelixente
mércores, 18 de outubro do 2017
Avansig,
empresa de enxeñarÃa de software creada por investigadores ligados
ao CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) e
integrada no Cluster TIC de Galicia, vén
de proclamarse gañadora na sección de Mobilidade Intelixente no
evento South Summit Innovation 2017. E fÃxoo coa solución
Avansig Smart Drons, un desenvolvemento que permite aos drons voar
dentro dos edificios cunha precisión centimétrica e de maneira
completamente autónoma. Como lembraremos, o obxectivo desta
tecnoloxÃa de Avansig é automatizar tarefas en interiores
(vixilancia fÃsica, inventarios automáticos, inspección de grandes
estruturas ou seguimento de procesos industriais). Os responsábeis
da startup galega salientaron o privilexio de ter participado
no evento (unha palestra de innovación á vista do mundo) e
agradeceron ao xurado da devandita sección a valoración feita sobre
o seu proxecto.
O South Summit, segundo lembra o Clúster TIC, é
un evento referencial que pon en contacto aos emprendedores máis
innovadores cos inversores internacionais máis importantes e as
empresas interesadas en mellorar a súa competitividade a través de
innovación. O evento celebrouse os dÃas 4-6 de outubro de 2017 en
Madrid.
No
certame Avansig participou (na recta final do mesmo) xunto cun
centenas de novas firmas, seleccionadas por máis de 90 especialistas
en tecnoloxÃas de vangarda. A empresa galega, que conta cunha ampla
experiencia no desenvolvemento de sistemas de navegación autónomos,
foi seleccionada co proxecto Autonomous Smart Drones de
entre un total de 3.500 proxectos, sendo un 53% internacionais,
procedentes de máis de 72 paÃses.
Para
quen non saiba da natureza da actividade de Avansig, sinalar que se
centra en boa medida no desenvolvemento de sistemas de vÃdeo
vixilancia en edificios mediante o emprego de drones. Un exemplo
disto é o proxecto
SINDA (Sistema de Seguridade en Interiores con Drons Autónomos),
do
que falamos recentemente dende Código Cero, sinalando que se
encamiña a xerar tecnoloxÃas de vÃdeo vixilancia en interiores
mediante o emprego de drones autónomos baseados en visión
artificial 3D.