Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mobilidade e a nube, os eixes da xornada de @asLAN este mércores en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mobilidade e a nube, os eixes da xornada de @asLAN este mércores en Santiago

Redacción
Publicado: 17/09/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Participantes nun dos moitos foros que a asociación @asLAN celebra na xeografía española
Participantes nun dos moitos foros que a asociación @asLAN celebra na xeografía española
A asociación @asLAN, tal e como informamos en Código Cero, está preparar un evento TIC en Santiago de Compostela: a xornada de apertura da súa xira tecnolóxica polo territorio estatal. A cita, que ten o apoio do do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia, celébrase sen ir máis lonxe este mércores 18 de setembro, xirando arredor de cuestións como a mobilidade e a computación na nube, dous conceptos-tecnoloxías que dende a organización cualifican de “imparables”.
Entre outros profesionais, no encontro deste mércores participarán os responsables de Zertia Telecom, provedor de servizos xestionados de telecomunicacións e operador de datos para empresas. Segundo nos recordan dende Zertia, o Gran Hotel Araguaney (o escenario elixido para esta apertura de tour) acubillará interesantes relatorios de interese para as empresas, facendo fincapé en como axeitar as infraestruturas tecnolóxicas ás contornas móbiles, ou na necesidade de desenvolver e integrar servizos cloud.
Pola parte de Zertia falará José Joaquín Loza, responsable de desenvolvemento de negocio, que fará xirar o seu relatorio arredor de presente e o futuro dun departamento empresarial ou institucional de novas tecnoloxías, salientando a potencialidade de conceptos como as comunicacións xestionadas e a computación na nube neste ámbito. Tras a súa visita á capital galega, o tour pasará por Santander, Málaga, Barcelona, Mallorca, e Barcelona.
Amais das devanditas achegas de Zertia, na xornada falarase sobre: BYOD, banda larga sen fíos (Wi-Fi, WiMax, LTE), redes definidas por software (SDN), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc… Dicir que patrocinarán este foro empresas como Cambium Networks, Huawei, Colt Technology, TomTom, APC by Schenider, Novell ou DELL, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?