A nova unidade de memoria de SanDisk integra USB e microUSB
martes, 11 de febreiro do 2014
SanDisk
anunciou hoxe a súa novo Ultra Dual USB Drive, unha unidade de memoria USB
que conta cun conector USB 2.0 e cun conector microUSB, facilitando o seu uso
tanto nun ordenador como en dispositivos móbiles, e que estará dispoñible en
capacidades de entre 16 e 64 Gb con prezos que van dos 19,99 aos 49,99 dólares.
Esta curiosa proposta resulta especialmente atractiva para cargar contidos multimedia
dende smartphones e tablets, aÃnda que grazas a software de SanDisk pode
aproveitarse tamén para realizar copias de seguridade dos ficheiros que
gardemos nos nosos dispositivos móbiles, facilitando tamén a liberación de
espazo neste tipo de dispositivos.
Para xestionar a memoria do SanDisk Ultra Dual USB
Drive temos polo momento unha aplicación para Android, SanDisk
Memory Zone, que ofrece numerosas funcionalidades para a xestión da
memoria, facilitando tanto a realización de copias de seguridade en local como
na nube.
Aparte de dispositivos móbiles con Android, a nova unidade de memoria de SanDisk
tamén é totalmente compatible con ordenadores PC con Windows XP/7/8 e Mac con OS
X con 10.5 ou superior.
VÃdeo de presentación da nova unidade de memoria de SanDisk