A operadora de telecomunicacións Adamo chega a 2.400 municipios, a maiorÃa en zonas rurais
xoves, 4 de decembro do 2025
A operadora de telecomunicacións Adamo vén de informar que a súa infraestrutura de alta velocidade segue medrando. En cifras, a empresa xa ten 2.400 municipios conectados á súa rede de fibra óptica. Este amplo desenvolvemento implica que Adamo xa se atopa operativa en preto de un terzo dos concellos existentes en España, posto que son 8.132 en total, segundo datos do Instituto Nacional de EstatÃstica (INE).
Para acadar ese crecemento, a compañÃa tivo que tirar nada menos que 32.000 quilómetros do cable que conduce a conexión a Internet, ben fose vÃa subterránea, externa (protexida por tubos) ou unindo postes (despregamento aéreo).
Cómpre salientar que a maiorÃa da rede da compañÃa sitúase en localidades medianas e pequenas, mesmo en aldeas con pouca veciñanza localizadas en zonas afastadas e que presentan un déficit nas súas comunicacións, converténdose na operadora especializada no eido rural español.
Os citados 2.400 municipios atópanse situados en Galicia (sobre todo na provincia de Lugo), Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Cataluña, Castela e León, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, AndalucÃa e Estremadura, con especial incidencia na provincia de Badaxoz.
Ademais de levar a cabo despregamentos en áreas remotas, Adamo fornece telefonÃa e Internet de alta velocidade para complementalos. Deste xeito, a empresa achega propostas competitivas como o seu paquete Caaalma Total: 1 Gbps de fibra óptica con Wi-Fi 6 -para que o sinal chegue a cada recuncho da vivenda- e unha liña móbil con chamadas e GB ilimitados por 39 euros, podendo engadir outra máis coas mesmas condicións por un prezo simbólico de 1 euro. Mentres que a terceira liña móbil e sucesivas quedan nun extra de 7 euros.
