A plataforma tecnolóxica Sanidade Mediaverso recibe un premio estatal de investigación
luns, 9 de febreiro do 2026
A Plataforma Tecnolóxica Sanidade Mediaverso, promovida pola ConsellerÃa de Sanidade para fomentar hábitos de vida saudables, vén de recibir un premio estatal de investigación polo seu impacto positivo no benestar emocional.
O recoñecemento produciuse no ámbito da investigación sanitaria, ao formar parte do proxecto distinguido co segundo premio na categorÃa comunitaria e social dos Premios de Investigación do Consello Xeral de EnfermarÃa.
A iniciativa, desenvolvida pola Escola Universitaria de EnfermerÃa de Lugo, fora previamente seleccionada entre 170 proxectos presentados en todo o Estado e foi o único traballo galego entre os 16 finalistas.
O galardón corresponde ao estudo «Efectividade dunha intervención multifacética para mellorar o benestar emocional a través da plataforma Mediaverso. Un ensaio aleatorizado en estudantes de EnfermerÃa», realizado por MarÃa José Ferreira DÃaz e Mario Alberto Rivas, profesores da Escola de EnfermerÃa de Lugo.
A investigación analiza, mediante unha metodoloxÃa cientÃfica rigorosa, o impacto dunha intervención dixital que combina mindfulness e exercicio fÃsico, empregando Sanidade Mediaverso como ferramenta de apoio á promoción do autocoidado e da saúde emocional.
Este recoñecemento a nivel estatal pon en valor Sanidade Mediaverso como unha plataforma innovadora orientada á adquisición de hábitos de vida saudables e ao reforzo da saúde emocional.
A combinación de contidos dixitais, recursos interactivos e enfoques educativos centrados na persoa sitúa Mediaverso como unha ferramenta de interese tanto para a cidadanÃa como para os profesionais sanitarios, especialmente en ámbitos educativos e comunitarios.
O premio do Consello Xeral de EnfermarÃa destaca non só a calidade cientÃfica do estudo, senón tamén a capacidade de Sanidade Mediaverso para xerar un impacto real, transferible e sostible nos programas de promoción da saúde, consolidándose como unha referencia en innovación dixital aplicada á saúde pública.
A plataforma Sanidade Mediaverso, integrada no Plan Obesidade Zero da Xunta, estrutúrase arredor de catro grandes eixes orientados a contribuÃr ao mantemento dunha boa saúde entre a poboación galega: a alimentación saudable, a práctica de actividade fÃsica, o coidado do benestar emocional e a prevención de condutas adictivas.
