A renovación de Siri poderÃa rexistrar novos retrasos
mércores, 11 de febreiro do 2026
O iPhone recibe hoxe a actualización a iOS 26.3, versión do seu sistema operativo con poucas novidades (o máis importante serÃa a incorporación dunha ferramenta para facilitar que os usuarios pasen os seus datos de iPhone a Android e, no territorio europeo, unha maior interoperabilidade con dispositivos de terceiros), que tiña aos usuarios pendentes da súa chegada principalmente porque suporÃa que en breve se deixarÃa ver a versión de proba de iOS 26.4, que estaba previsto que incorporase unha versión renovada de Siri, que funcionarÃa coa tecnoloxÃa de Google Gemini.
Pero a esperada actualización do asistente virtual Siri por parte de Apple volve atopar obstáculos no seu desenvolvemento segundo informacións publicadas por Bloomberg e asinadas por Mark Gurman, nas que apuntan que a compañÃa de Cupertino está a experimentar dificultades técnicas que poderÃan atrasar varias das funcións máis ambiciosas previstas para as vindeiras versións de iOS.
Gurman asegura que tras as últimas probas internas, a compañÃa de Cupertino estarÃa a considerar repartir estas melloras en versións posteriores, o que implicarÃa o seu adiamento ata iOS 26.5 (prevista para maio) ou mesmo ata iOS 27, que chegarÃa en setembro.
Os problemas detectados afectan ao procesamento das solicitudes. Segundo as fontes citadas, Siri non sempre interpreta correctamente as peticións dos usuarios ou tarda máis do desexable en responder. Tamén se rexistraron erros de precisión, interrupcións cando o usuario fala con rapidez e dificultades para xestionar consultas complexas que requiren máis tempo de cálculo. Nalgúns casos, o sistema chega a recorrer á integración con ChatGPT de OpenAI en lugar de empregar a tecnoloxÃa propia de Apple, mesmo cando deberÃa ser capaz de resolver a solicitude de maneira autónoma.
Un dos apartados máis sensibles é o acceso ampliado aos datos persoais. A nova Siri permitirá, por exemplo, localizar mensaxes antigas para atopar un podcast compartido por un contacto e reproducilo de inmediato. Con todo, esta función é unha das que máis risco ten de atrasarse. Nas versións internas de iOS 26.5 inclúese mesmo unha opción para activar unha previsualización destas capacidades, o que suxire que Apple poderÃa advertir os usuarios de que se trata dunha implementación inicial non completamente estable.
Outra das novidades en desenvolvemento é o sistema coñecido como app intents, que permitirÃa executar accións complexas dentro das aplicacións mediante unha única orde de voz, como buscar unha imaxe, editala e enviala a un contacto. AÃnda que xa existe soporte preliminar, os probadores sinalan que o seu funcionamento non é fiable en todos os escenarios.
A renovación de Siri baséase nunha arquitectura completamente nova, co nome interno de Linwood, sustentada na plataforma de modelos lingüÃsticos propios da compañÃa, Apple Foundations Models, que agora integra tamén tecnoloxÃa procedente do equipo Gemini de Google. Ademais, as versións de proba inclúen dúas funcións aÃnda non anunciadas oficialmente: unha ferramenta de busca web con respostas sintetizadas ao estilo de servizos como Perplexity ou Gemini, e un sistema de xeración de imaxes apoiado no mesmo motor que emprega a aplicación Image Playground.
De cara a iOS 27, iPadOS 27 e macOS 27, Apple estarÃa a preparar unha transformación máis profunda baixo o nome en clave Campo: unha Siri redeseñada con funcionamento máis próximo ao dun chatbot conversacional. Este sistema apoiariase en servidores de Google e nun modelo Gemini personalizado, cunha integración máis ampla nas aplicacións propias da compañÃa, como Mail, Calendar e Safari.
A evolución do proxecto continúa aberta e poderÃa sufrir novos axustes nas vindeiras semanas. O que semella claro é que Apple non quere que unha actualización anunciada en xuño de 2024 se retrase máis aló da primavera de 2026, aÃnda que os desafÃos técnicos e as esixencias en materia de privacidade están a facer máis complexa do previsto a renovación do seu asistente virtual.
