A resposta de Elon Musk ás empresas suspenderon a publicidade en X: «FÓ-DE-TE»
xoves, 30 de novembro do 2023
Nas últimas horas
Elon
Musk participou no cumio DealBook organizado por The New York Times, onde tras
desculparse pola publicación
na que apoiou unha teorÃa da conspiración antisemita que levou á retirada da
publicidade por parte de numerosas grandes marcas, soltou unhas declaracións
totalmente fóra de ton que poderÃan ter unhas consecuencias nefastas para o
futuro de X/Twitter.
Concretamente Musk
dirixiuse aos anunciantes que interromperon a publicidade en X/Twitter
dicindo «Non vos anunciedes. Se alguén vai chantaxearme con publicidade, chantaxearme
con cartos... Fódete! FÓ-DE-TE. Está claro? Espero que si».
The New York Times asegura que o número de grandes anunciantes (incluÃndo
Disney, Apple e IBM) que deixaron de anunciarse en X/Twitter pola polémica antisemita
de Musk está no contorno dos 200, o que poderÃa chegar a custarlle á compañÃa
ata 75 millóns de dólares este trimestre segundo documentos internos da
compañÃa. Musk incluso chega a dicir que de manterse o boicot X poderÃa ir á
bancarrota, negando a súa responsabilidade no asunto e culpando directamente ás
marcas.
Ante as polémicas declaracións de Musk, a directora xeral de X, Linda
Yaccarino, que é quen trata directamente cos grandes anunciantes, defendeu dun
xeito ridÃculo das declaracións do seu xefe como «un punto de vista explÃcito sobre
a nosa postura». Yaccarino asegura que X facilita información independente,
o que pode incomodar a algúns, salientando a súa postura en defensa da
liberdade de expresión, pero obviando que os problemas desta volta non están na
case inexistente moderación na plataforma, senón na falla de autocontrol por
parte de Elon Musk, que non cesa de ser polémico dentro e fóra de X, facendo
que os anunciantes queiran marcar distancias.
Momento no que Elon Musk fai as súas polémicas declaracións no cumio DealBook
