A revista Penthouse abandona definitivamente o papel
luns, 18 de xaneiro do 2016
A popularización da web provocou un revulsivo para o sector
dos contidos para adultos, de xeito que o as publicacións en papel foron
perdendo pulo e o audiovisual colleu forza levando a que o sector se
transformase rapidamente, non sen deixar moitos cadáveres polo camiño, e incluso
compañÃas como Penthouse, que fixo grandes apostas fóra dos quioscos, ten que
tirar a toalla e cesar
de imprimir a súa revista que o ano pasado celebraba o seu 50 aniversario.
A partires de agora, os consumidores que queiran seguir gozando dos contidos de
Penthouse teñen que recorrer á súa
versión en liña, que procurará adaptarse para ofrecer unha experiencia que
satisfaga aos lectores da versión en papel, pero aproveitando os recursos
dixitais.
Con esta operación Penthouse, revista nacida no Reino Unido, pero establecida
nos EE.UU., pecha a súa división de New York e centraliza as súas operacións en
Los Angeles, aÃnda que a reestruturación da compañÃa non parece sorprender a
ninguén, pois non podemos esquecer que a compañÃa matriz da revista (General
Media) tivo que acollerse á protección da bancarrota xa en 2003, e Penthouse
repetiu a operación en 2013. Vemos asà como a que fora unha frutÃfera industria
nos anos 80 é agora un negocio difÃcil de sustentar, e Penthouse está moi lonxe
dos 5,3 millóns de copias que conseguiu vender dun dos seus números en 1984,
atopando como a edición de revistas para adultos é xa residual, como tamén
manifestan dende Playboy, publicación que está a despedirse dos espidos femininos
para converterse nunha revista masculina ordinaria.
Queda agora por ver se unha Penthouse totalmente dixital será capaz de
sobrevivir á dura competencia que o seu sector ten na Internet, ondea
pornografÃa padece uns elevados niveis de piraterÃa
que fai moi complicado soster a produción de contidos de calidade.
- Penthouse xa leva tempo explotando a súa marca máis aló dos quioscos