Estudantes e profesores da USC achegan un mapa interactivo con máis de trescentos materiais didácticos: GALIMAP
xoves, 2 de maio do 2024
Co obxectivo de facilitar o traballo das persoas profesionais da educación social, profesores e estudantes da USC impulsaron un proxecto nun mapa interactivo que reúne máis de trescentos materiais de todo tipo, dende libros e contos ata cadernos de campo e guÃas didácticas, pasando por aplicacións móbiles e xogos. Estamos a falar de GALIMAP, escolma innovadora de materiais didácticos elaborados por persoas e institucións de Galicia para seren empregados como recursos educativos por profesionais da educación, especialmente da Educación Social. Presentouse esta semana na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.
O proxecto GALIMAP: Mapa interactivo dos Materiais Didácticos Sociocomunitarios dos Concellos de Galicia. Unha proposta dende a Educación Social xorde no marco da primeira convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa dirixida ao profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da USC e estivo liderado polos docentes Jesús RodrÃguez RodrÃguez, Josefa del Carmen Fernández de la Iglesia, Silvia López Gómez e Ana RodrÃguez Guimeráns.
O mapa compleméntase coa páxina web do proxecto, vÃdeos e diferentes contidos en redes sociais e xogos dixitais.
A selección dos materiais foi realizada polo alumnado da materia Experiencias e Recursos en Educación Social e os recursos para a difusión deste proxecto son obra do alumnado de TecnoloxÃa Educativa, ambos os dous do segundo curso do Grao en Educación Social da USC.
A presentación, presidida pola vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación, MarÃa López Sández, contou tamén coa participación do profesorado das materias, das alumnas Raquel Blanco e Laura Manuela Cernadas, das profesoras da Universidade de Vigo Sara MartÃnez Carrera e MarÃa Cristina Sánchez MartÃnez e de Montse Sánchez en representación do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Entre as persoas asistentes, ademais de alumnado acudiu profesorado do centro, gran parte do equipo decanal e representantes doutras institucións como Nova Escola Galega e o grupo Cavila.