AGADIC organiza un curso de e-mail marketing para profesionais do sector teatral
venres, 20 de maio do 2016
O 6 de
xuño, entre as 10:00 e as 13:00 horas, a biblioteca do Consello da Cultura
Galega servirá de punto de encontro para un total de 25 profesionais do sector
teatral galego interesados en coñecer as posibilidades do marketing por correo electrónico, xa que alà gozarán
dun seminario organizado por AGADIC coa colaboración da Coordinadora de Feiras
de Artes Escénicas do Estado Español (COFAE).
Esta sesión formativa desenvolverase no marco da cuarta edición de Galicia
Escena PRO, e ten como obxectivo afondar nas posibilidades do e-mail marketing como un dos medios máis
accesibles, utilizados, económicos e resolutivos para establecer unha
comunicación efectiva cos públicos e con outras comunidades de receptores.
O curso correrá a cargo de Pepe Zapata, socio da consultora Teknecultura, quen
xa impartira na pasada edición de Galicia Escena PRO un seminario de estratexia
dixital para compañÃas de artes escénicas. Nesta ocasión, volverá a Compostela
para ensinar, por exemplo, como segmentar e xestionar as listas de
destinatarios ou como establecer métricas e interpretar informes de cumprimento
de obxectivos de comunicación a través de e-mail
marketing, ademais de abordar o funcionamento dunha das ferramentas máis
populares para tal finalidade, MailChimp.
Esta formación vai destinada especificamente a artistas de artes
escénicas, produtoras e distribuidoras de espectáculos, xestores culturais e
responsables de marketing e
comunicación de organizacións culturais.