AGAPI e a Deputación da Coruña mostran nos colexios como crear contidos audiovisuais
mércores, 8 de abril do 2026
AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) arranca un ano máis a actividade formativa por centros de ensino da provincia da Coruña. Farao traballando desta volta co alumnado de 6º de primaria a través das xornadas educativas Detrás da pantalla. Como se fai o que vemos? que contan co apoio da Deputación da Coruña.
Segundo informou AGAPI, o obxectivo é achegar de primeira man as experiencias e coñecemento dos profesionais do sector audiovisual galego aos diferentes centros de educación infantil e primaria (CEIP) da provincia co fin de potenciar o papel da produción independente en galego en contacto directo coa mocidade.
Esta primeira edición percorrerá seis centros escolares, arrancando o mércores 8 de abril no CEIP Felipe de Castro (Noia) con Iria Iglesias da nosa produtora Aqueladas, asociada de AGAPI.
O venres 10 Alba Prol, de Meteórica Cinema visitará o CEIP A MaÃa (Ames) e Simone Saibene de Noveolas Producciones o CEIP Plurilingüe Mestre RodrÃguez Xixirei (Sabugueiro). A actividade continuará o venres 24 de abril na cidade da Coruña, onde o produtor asociado Andrés Sanjurjo, de Acariño Films, traballará co alumnado co CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra. No mesmo dÃa, en Santiago de Compostela, o CEIP Lamas de Abade recibirá a Gael Herrera de Tamboura Films. As xornadas Detrás da pantalla. Como se vai o que vemos? finalizarán o martes 28 no CEIP de Arteixo coa asociada Laura Pazienza da produtora H501.
