Adamo achegou en 2023 Internet de alta velocidade a 22.000 familias rurais de Lugo

xoves, 6 de xuño do 2024 S. P.

Ata 22.000 fogares de Lugo recibiron fibra óptica o pasado ano da man da operadora Adamo. Esta expansión produciuse nun total de 43 concellos da provincia, sobre todo en zonas rurais, que son as presentan maiores necesidades de conectividade.
No balance da operadora faise saber que “considerando que Lugo conta con 67 municipios, realizamos operacións en dous de cada tres concellos da provincia só en 2023, os cales, ben estrearon Internet ultrarrápida, ben viron ampliada unha rede preexistente”.
Para lograr ese crecemento, a compañía tivo que tirar máis de 2.000 quilómetros de fibra óptica vía subterránea, externa (protexida por tubos) ou unindo postes (despregadura aéreo).
Unha gran parte da vasta rede da empresa sitúase en cidades medianas e pequenas, en zonas apartadas e, mesmo, en áreas despoboadas. Trátase, nalgúns casos, de localidades afectadas polo temido fenómeno do despoboamento.
Ac onexión que proporciona a compañía (de até 1.000 Mbps) permite realizar con garantías actividades que hoxe resultan habituais: teletraballo, educación online, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras. “Os 1.000 Mb sitúanse como a fibra óptica máxima habitual que pode atoparse en calquera gran cidade”, engade a operadora no seu balance.

PUBLICIDADE