Adamo ofrece tres meses de fibra e móbil gratis cun aforro de ata 117 euros

venres, 20 de marzo do 2026 S. P.

Novo xiro nas ofertas de Adamo. Nunha medida que a empresa de telecomunicacións cualifica de campaña “sen precedentes”, Adamo ofrece agora ata tres meses de fibra óptica e liña móbil gratis ao contratar un dos seus paquetes combinados. A promoción diríxese a usuarios que non gozasen dos servizos da compañía nos últimos tres meses e estará operativa durante o mes de marzo.
Lembrar que Adamo conta cunha importante presenza na xeografía galega, especialmente no rural de Lugo, onde a firma dá conexión 123.000 vivendas (estando presente en 60 dos 67 concellos que conforman o territorio lucense, case o 90% dos mesmos).
En función do pack que elixa o cliente, ao ser os tres primeiros meses gratis, o aforro sobre os prezos habituais de Adamo alcanza os 87 euros (29x3) ou os 117 (39x3). Deste xeito, as tarifas Caaalma (normalmente a 29 euros) e Caaalma Total (establecida en 39) serán de balde durante os tres primeiros meses, achegando medias anuais de 21,75 euros e 29,25, respectivamente.
Fibra de 1 GB e móbil ilimitado por 39 euros
Sobre a desagregación das tarifas, a firma lembra que, para aquelas persoas que queiran a máxima velocidade e a mellor cobertura, Adamo dispón da citada tarifa Caaalma Total, que consta de fibra óptica de 1 GB e datos e chamadas sen límite por 39 euros.
Así mesmo, inclúe un router Wi-Fi 6 para que o sinal chegue a cada recuncho da vivenda (os Wi-Fi 6 son enrutadores de última xeración, os que ofrecen a mellor cobertura e conectividade”.
Fibra de 400 Mb e móbil con 25 GB por 29 euros
Adamo engade que “para os que buscan un prezo económico e a tranquilidade de pagar só polo que necesitan”, achégase a xa mencionada tarifa Caaalma, que, por 29 euros, inclúe fibra óptica de 400 Mb para casa e móbil con 25 GB de datos.