Adiantan o lanzamento dun novo título do profesor Layton

xoves, 26 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Akihiro Hino, presidente de Level 5, na súa conferencia durante a GDC falou os títulos que tiñan na súa carteira entre os que figuraba Professor Layton and the Diabolical Box, o que sería a confirmación oficial de que as aventuras do profesor Layton, que tanto éxito teñen na Nintendo DS, terá unha secuela.
Ata o momento en España só se venderon as aventuras do profesor Layton en La Villa Misteriosa, quedando sen versión en español The Final Time Journey e The Devil’s Flute, aínda que non sería de sorprender que chegasen ao noso mercado antes do lanzamento do título adiantado, estando polo momento só confirmada a chegada ao noso mercado de La Caja de Pandora (que debería chegar ás tendas ao longo do presente ano).

PUBLICIDADE