Adiantan o que podería ser o Pro Evolution Soccer para Nintendo 3DS

luns, 20 de decembro do 2010 Marcus Fernández

O novo Winning Eleven nas páxinas da revista Famitsu

O último número da revista xaponesa Famitsu desvela varios títulos para Nintendo 3DS coma Doctor Lautrec and the Forgotten Knights (que parece estar claramente inspirado nas aventuras do profesor Layton), o xogo de disparos Dream Trigger 3D e o prometedor Winning Elevent 3DSoccer, contando este último con páxina web oficial na que podemos ver varias imaxes do xogo que en occidente podería ser o Pro Evolution Soccer 3DS, de xeito que a franquía futbolística de Konami atoparía na 3DS un campo de xogo no que compensar a caída de calidade provocado polo salto de xeración nas consolas domésticas (as últimas entregas do PES non dan a talla en PS3 e Xbox 360) achegando unha experiencia 3D a estadios coma o Camp Nou o Santiago Bernabeu, cunha sensación de profundidade que suporá unha auténtica revolución para este tipo de xogos, aínda que é de agardar que ata a segunda metade de 2011 non poidamos ver este título no noso mercado.

Primeiras imaxes oficiais do Winning Eleven 3DSoccer

PUBLICIDADE