Adíase o lanzamento de Counter-Strike: Global Offensive para PS3 en Europa

mércores, 22 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Na tarde de onte estreouse en Steam a versión para PC do xogo Counter-Strike: Global Offensive, mentres que hoxe chegaba o polémico xogo ao Bazar de Xbox LIVE para que os usuarios da consola doméstica de Microsoft tamén poidan gozar deste título, pero esta estrea está a verse ensombrecida en Europa, non porque haxa voces que pidan a retirada do xogo da facción separatista (que parece inspirada en ETA) senón porque por problemas sen aclarar non apareceu tamén na actualización desta semana da PlayStation Store, de xeito que os usuarios de PS3 non poden adquirir este xogo.
Curiosamente nos EE.UU. o xogo si aparece no catálogo de xogos descargables para a PlayStation 3, e a pelota parece estar no tellado de Sony, asegurando un voceiro da compañía que agardan “resolver a incidencia tan pronto como sexa posible”. Parece bastante probable que o xogo vaia estar dispoñible para PS3 a semana que vén.

O xogo só está dispoñible polo momento para PC e Xbox 360

PUBLICIDADE