Adxudicada en 205.000 euros a app que xestionará a información turÃstica de VilagarcÃa
martes, 10 de marzo do 2026
A Xunta de Goberno de VilagarcÃa adxudicou á empresa tecnolóxica catalá Cinnia Tech o desenvolvemento da aplicación móbil que combinará a información turÃstica coa xestión da mobilidade. Deste xeito, visitantes e veciños poderán coñecer en tempo real a ocupación dos aparcamentos disuasorios (programa Vaicar!) e mesmo resolver calquera necesidade informativa (recursos turÃsticos, aloxamento, eventos, etcétera) a través dun chatbot, segundo confirmou o Concello de VilagarcÃa.
Ao concurso presentáranse seis empresas pero finalmente, e tras a avaliación das distintas ofertas, os técnicos propuxeron a Cinnia Tech por ser a proposta con mellor relación calidade-custe. O investimento será de 204.935 euros, financiados a través os fondos europeos Next Generation. O prazo de execución é dun máximo de seis meses.
A empresa gañadora da licitación comprometeuse a ampliar a garantÃa de tres a cinco anos e incorporar ao seu equipo dous consultores con experiencia acreditada en xestión de Destinos TurÃsticos Intelixentes (DTI) e en creación de contidos turÃsticos.
Entre os obxectivos deste proxecto están adecuar a información turÃstica e a xestión do destino ao mundo dixital; poñer en valor e dar a coñecer os recursos históricos, patrimoniais, medioambientais e naturais do concello vilagarcián, mellorando a calidade da experiencia de turistas e veciñanza en xeral; xestionar os fluxos turÃsticos en tempo real a través da vertical de mobilidade; dispoñer dunha ferramenta que permita utilizar e analizar datos na toma de decisións; facilitar a mellora continua dos procesos da cadea de valor turÃstico mediante o uso de novas tecnoloxÃas; e mellorar a competitividade global do sector turÃstico do municipio.
De acordo co anterior, no bloque de información turÃstica crearase una web e o seu correspondente xestor de contidos, un chatbot para interactuar en tempo real co usuario e un quiosco táctil de información turÃstica, a instalar na oficina da PeixerÃa ou no Museo do Ferrocarril. O sistema permitirá crear contidos e adaptalos a cada momento, integrando mapas e rutas, avisos de interese, suxestións de recursos turÃsticos, etcétera.
Os contidos serán achegados de inicio en tres linguas, galego, español e inglés, con posibilidade de amplialo a máis idiomas. De feito, o chatbot poderá resolver dúbidas en ata en vinte linguas.
No apartado de mobilidade, inclúese a instalación de dez tótems dixitais, dotados con cámaras capaces de ler matrÃculas, en outros tantos aparcamentos disuasorios. Estas columnas informarán do nivel de ocupación, de maneira que a través da app calquera usuario poderá coñecer as prazas dispoñibles en cada lugar e asà tomar a mellor decisión sobre onde estacionar o seu vehÃculo. Todo o sistema estará monitorizado, de maneira que permitirá xestionar os fluxos de vehÃculos e tamén de persoas, por exemplo coincidindo con grandes eventos.
