Alien celebrará o seu 35º aniversario cun xogo de supervivencia

martes, 7 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

A franquía cinematográfica de Aliens resístese a deixar o mundo dos videoxogos, e SEGA e 20th Century Fox Consumer Products anuncian un novo título que a finais de ano verá a lux para PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One e PC, Alien: Isolation, que pretende replicar o terror e a tensión da película orixinal de Ridley Scott que este ano celebra o seu 35º aniversario.
Teremos así un xogo no que a supervivencia nunha nave espacial será o noso obxectivo, tendo que superar a dificultade que suporá un xenomorfo ao asexo, tirando proveitos dos poucos recursos á nosa disposición, moi lonxe doutros xogos nos que podía facerse fronte directamente aos monstros nacidos da imaxinación de H.R. Giger.

O xogo será un survival horror en primeira persoa




Trailer de presentación de Alien: Isolation

PUBLICIDADE