Allariz acolle este venres unha xornada crÃtica co uso precoz e desregulado dos móbiles na adolescencia
mércores, 20 de maio do 2026
A campaña Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción vai celebrar unha xornada de traballo e diálogo este venres 22 de maio en Allariz, nun acto organizado polas ANPAS Airiña e Vilanova de Allariz coa colaboración do Concello de Allariz e Adolescencia Libre de Móbiles.
A xornada, á que está convidada a participar a comunidade educativa, dará comezo ás 19.00 horas e clausurarase coa exposición do ilustrador galego Kiko Da Silva titulada Medrar con pantallas non é igual a progreso.
Ambas actividades invitan a reflexionar e sensibilizar sobre o uso dos medios dixitais nos eidos familiar, do ensino e social, asà como das consecuencias do seu inicio precoz e desregulado e da necesidade de potenciar pactos de familia para atrasar a introdución dun primeiro smartphone.
O faladoiro contará como relator a un coordinador da campaña Escola Saudable, que participa na plataforma Adolescencia Libre de Móbiles e colabora co Movemento OFF: Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas.
Informarase dos consensos e alertas cientÃficas sobre a disrupción do uso precoz das pantallas na saúde fÃsica e mental, o neurodesenvolvemento e a aprendizaxe, ademais da súa pegada ambiental e as estratexias algorÃtmicas de enxeñerÃa social.
Informarase de pautas concretas, encamiñadas a postergar/negociar o uso de pantallas en menores, e dos pactos de familia de Adolescencia Libre de Móbiles nesa liña.
No faladoiro exporanse os 4 vÃdeos da campaña Escola Saudable e distribuiranse as súas guÃas e folletos: como a guÃa ilustrada de Kiko da Silva (Medrar con pantallas non é progreso), os folletos de orientacións prácticas para as familias sobre dispositivos móbiles intelixentes e unha guÃa de apoio á exposición.
