Altofalantes que flotan na auga
martes, 10 de xuño do 2008
A chegada do verán inspira
trebellos innovadores coma o altofalante flotante Aqua
Sounders, que destaca por flotar na auga. O dispositivo é un
altofalante sen fÃos desenvolvido por Grace Digital Audio, que conta cunha base
emisora na que conectar un reprodutor multimiedia que transmite o son ata o
curioso altofalante con forma de balón que pode funcionar na auga, polo que se
pode empregar en piscinas.
O altofalante pode separarse ata 45 metros da súa base e con 6 pilas AA acada unha
autonomÃa de ata 6 horas (dependendo do volume). Cada base pode transmitir o
seu sinal ata a 10 altofalantes á vez.
O
conxunto de base e altofalante se vende por 149,95 dólares (96,85
euros), mentres que cada altofalante adicional custa 99 dólares (64,35 euros).
Non parece preciso comentar que este tipo de produto destaca máis polo seu
deseño e orixinalidade que polo seu uso práctico.