Android incorpora novas funcións para compartir localización e recuperar equipaxes perdidas
martes, 3 de marzo do 2026
Google anunciou unha nova actualización de Android que introduce varias funcións destinadas a facilitar a comunicación, mellorar a xestión de obxectos perdidos e simplificar o descubrimento de aplicacións. As novidades inclúen a integración do servizo Find Hub en Google Messages para compartir a localización en tempo real, ferramentas para recuperar equipaxe extraviada nos aeroportos, novas formas de explorar aplicacións en Google Play mediante vÃdeos curtos e opcións adicionais de personalización nas chamadas.
Unha das novidades máis destacadas é a posibilidade de compartir a localización directamente nas conversas de Google Messages. Grazas á integración con Find Hub, os usuarios poden enviar a súa posición e visualizala nun mapa en tempo real sen saÃr do chat. Esta función resulta especialmente útil para encontros en eventos, concertos ou recollidas en aeroportos, e permite controlar en todo momento a duración do acceso á localización, que pode interromperse cando se desexe.
Outra das funcións presentadas busca facilitar a recuperación de equipaxe perdida durante as viaxes. Se unha maleta conta cunha etiqueta de seguimento compatible co sistema Find Hub, o usuario pode xerar unha ligazón segura coa súa localización e compartila coa compañÃa aérea correspondente. A aeroliña poderá consultar esa información actualizada para localizar a equipaxe e informar ao pasaxeiro do seu estado. As ligazóns están cifradas, poden desactivarse en calquera momento e caducan automaticamente tras sete dÃas.
Esta nova funcionalidade está xa integrada nos principais sistemas de rastrexo de equipaxes empregados pola industria aérea, como WorldTracer e NetTracer, grazas á colaboración con SITA e Reunitus. Ademais, máis de dez compañÃas aéreas internacionais aceptan xa este tipo de localizacións no proceso de recuperación de equipaxe, entre elas AJet, Air India, China Airlines, Saudia, Turkish Airlines, Scandinavian Airlines ou o grupo Lufthansa (Lufthansa, Austrian Airlines, Brussels Airlines e Swiss). Outras compañÃas, como Qantas, prevén incorporarse proximamente.
Google tamén anunciou acordos con fabricantes de equipaxe como Samsonite para integrar a tecnoloxÃa Find Hub directamente nas maletas. Deste xeito, algúns modelos poderán conectarse automaticamente á rede de localización de Android sen necesidade de accesorios adicionais.
Entre as novidades tamén temos que Google Play incorporará proximamente un sistema de vÃdeos curtos que permitirá descubrir novas apps mentres se percorre un feed de contidos breves. Estes clips mostrarán o funcionamento das aplicacións en diferentes categorÃas, como saúde, fotografÃa, compras ou webtoons, co obxectivo de facilitar aos usuarios unha visión rápida antes de instalalas.
A actualización tamén introduce novas opcións de personalización nas chamadas mediante as chamadas Calling Cards. Os usuarios poderán crear unha tarxeta visual para as súas chamadas entrantes, escollendo fotografÃa, tipografÃa e cor para que os seus contactos vexan unha identificación máis personalizada. Esta tarxeta poderá compartirse con todos os contactos ou só con aqueles gardados na axenda.
Finalmente, o teclado Gboard amplÃa as combinacións de Emoji Kitchen, permitindo mesturar diferentes emojis para crear adhesivos personalizados que poden compartirse nas conversas.
