Anticonceptivos de última xeración
martes, 24 de outubro do 2006
Unha vez máis, dispáranse as alarmas dos efectos nocivos que os teléfonos móbiles causan sobre a saúde humana. Non só se di que poden causar cancro, alteracións no sono ou enfermidades cerebrais, algo que aÃnda está por demostrar cientificamente, senón que ademais, segundo un estudo do Centro de Investigación Reprodutiva de EEUU, o uso dos teléfonos móbiles pode prexudicar a produción do seme nos homes e causar esterilidade. O informe indica que os homes que empregan os móbiles máis de catro horas ó dÃa teñen menor cantidade de esperma e, ademais, que as ondas emitidas poden diminuÃr o número, a mobilidade e a calidade do esperma en case a metade. É dicir (falando claro e para rematar cedo): que nin os mellores anticonceptivos do mercado son tan eficaces. A partir de agora, e de seguires asà as cousas, se cadra as operacións de vasectomÃa deixarán de existir a prol da adopción de máis nenos (non hai mal que por ben non veña).
Os expertos do dito centro puxeron a proba o esperma de 364 homes cunha alta proporción de seme e nos individuos que empregaban durante moito tempo o teléfono móbil o esperma normal caÃa ó 18%, comparado co 40% dos que non o usaban; ditos datos eran moito máis significativos canto maior era o tempo que estaban usando os celulares. O que non se determina no estudo é o número concreto de individuos da mostra que non usaban móbil porque, quen non ten teléfono móbil hoxe en dÃa, se ademais a cifra de usuarios medra en torno ó 30% cada ano? E por outra banda: quen está diariamente máis de catro horas diarias co teléfono móbil en funcionamento? Exacto, os grandes executivos: persoas sometidas a unha constante presión e a altas doses de estres... entón... non será iso o que lles causa a esterilidade?
Sexa o que sexa, os resultados do estudo aÃnda non están probados polo que podemos seguir empregando sen medo (sobre todo as mulleres, polo visto) estes pequenos aparellos que tantas dores de cabeza causan e tamén (por que non?), tantos problemas nos resolven cando se usan a tempo. En último caso e por se quedasen dúbidas acerca de posibles consecuencias neste senso, xa existen no mercado pantalóns con petos forrados de fibras de titanio... por se acaso.
