Apple vendeu varios iPods con virus informáticos
xoves, 19 de outubro do 2006
Apple anunciou que menos do 1% dos iPod Video vendidos dende o 12 de setembro de 2006 incluÃan un virus para Windows nun ficheiro chamado RavMonE.exe que se pode eliminar de xeito doado cun antivirus actualizado, sendo un virus de baixo risco, e do que, sempre segundo Apple, se detectaron menos de 25 casos.
Por suposto, aparte de eliminar o ficheiro conflitivo, deberÃase aconsellar ós usuarios afectados que comproben o seu ordenador e outro tipo de unidades de memoria externas (coma pendrives) para evitar problemas co devandito virus, pero resulta escandaloso que unha compañÃa do nivel de Apple cometa a torpeza de incluÃr un virus informático nos seus produtos (como xa lle aconteceu nos pasados dÃas a McDonalds, que repartiu uns 10.000 reprodutores de MP3 no Xapón dos que algunhas unidades estaban infectadas por un troiano informático), aÃnda que tamén sirva para inspirar tiras cómicas.
Agardemos que este tipo de incidentes non se repitan con máis fabricantes de hardware, xa que suporÃa unha ameaza para a seguridade informática que dificilmente poden desculpar os consumidores.
