Arquivan a causa contra Pordescargadirecta.com
xoves, 11 de xuño do 2015
Cando parecÃa que as plataformas de descargas na web o tiñan
moi complicado legalmente en España, publÃcase unha sentenza no sentido
contrario, de xeito que a causa de Twentieth Century Fox, Columbia Picture,
Tristar Pictures, Metro Goldwyn Mayer, Paramount Pictures, Universal, Time
Warner, Lauren Films Video Hogar, Warner Home Video Española, Paramount Home
Entertainment, Sony-Columbia-Tristar e ADESE contra Pordescargadirecta.com na
Audiencia Provincial de Girona remata
co sobresemento libre das actuacións por considerarse que a actividade do
foro no que se facilitan as descargas directas de contidos non constituirÃa
delito. Estamos ante unha resolución firme ante a que non cabe recurso.
Cómpre destacar que estamos ante unha sentenza sobre feitos anteriores á
entrada anterior á reforma da Lei de Propiedade Intelectual que entrou en vigor
o 1 de xaneiro, e o 1 de xullo tamén entrará en vigor unha reforma do Código
Penal que tipifica como delito a administración de páxinas de ligazóns, polo
que o escenario futuro poderÃa ser moi diferente.
