Artigos desta sección
MEDION anuncia o seu ultraportátil a 399 euros
Os fabricantes asiáticos non son os únicos que plantan cara a Asus e o seu Eee, e a empresa xermana MEDION vai introducir nos vindeiros días no mercado europeo o seu propio ultraportátil de baixo custo. O MEDION Akoya E1210 contará cunha pantalla de 10 polgadas, un procesador Intel Atom, 1 Gb de RAM, 2 portos USB, lector de tarxetas de memoria, saída de (...)
Ler máisChega a España a última creación de FX Interactive: o xogo Jack Keane
Dende hoxe os seareiros das aventuras gráficas xa temos á nosa disposición a nova creación de FX Interactive, trátase do videoxogo Jack Keane, que chega ó noso país, logo dun intenso proceso de localización que durou máis de tres meses, cen por cen en castelán. O xogo supón, segundo palabras dos seus creadores, “unha homenaxe ós clásicos de aventura”, cunha (...)
Ler máisLG presenta os seus televisores de plasma Xcanvas BoBos
LG vén de lanzar no mercado surcoreano unha nova liña de televisores de plasma chamados Xcanvas BoBos que destacan por ter un sistema de altofalantes invisibles. Dentro desta nova familia de televisores temos modelos de 3 distintos tamaños (42, 50 e 60 polgadas) que inclúen a tecnoloxía Time Machine que fai máis doado o acceso a gravacións en DVD e disco duro (...)
Ler máisO Archos 605 WiFi incorpora GPS
O impresionante reprodutor multimedia portátil de Archos, o 605 WiFi, que aparte de permitir a reprodución de música e vídeo tamén navega pola Internet co seu navegador Opera e que se vende con capacidades de 4, 30, 80 e 160 Gb, actualízase incluíndo o soporte de Adobe Flash 9 e Windows Media Video 9 e un receptor de GPS, polo que poderá empregarse coma (...)
Ler máisEA está a traballar no novo xogo de Harry Potter
Como era de agardar, a película Harry Potter y el Misterio del Príncipe, que chegará ás grandes pantallas este ano, contará con adaptacións en forma de videoxogo en case todas as plataformas existentes da man o estudo EA Bright Light. O novo xogo que narra o sexto ano de Harry Potter en Hogwarts permitirá loitas entre magos, facer pocións máxicas e participar (...)
Ler máisTarxeta DVI externa de Iogear
Os usuarios que queiran conectar un segundo monitor ao seu equipo informático pode ter problemas ao non contar cun porto de saída axeitado, e para cubrir tal demanda Iogear vende unha tarxeta de vídeo DVI externa que se comunica co ordenador a través dun porto USB 2.0, de moi doada instalación (chega con cargar os controladores correspondentes e conectar a (...)
Ler máisBase para o iPod con altofalantes e unha pantalla de 7 polgadas
Nas tendas de electrónica de consumo pode sorprender ver a enorme oferta de altofalantes preparados para o seu funcionamento con reprodutores multimedia de Apple, pero aínda sorprende máis que este tipo de trebellos non só permitan escoitar a música almacenada nos iPod, senón que tamén permita ver os seus vídeos nunha pantalla de 7 polgadas como é no caso do (...)
Ler máisNokia presenta 2 novos móbiles pensados para a reprodución de música
Nokia vén de presentar dous novos terminais da serie XpressMusic, que sairán á venda no terceiro trimestre do ano e pretenden atender ás demandas de consumo musical de boa parte dos usuarios de móbiles do fabricante finlandés. O Nokia 5320 XpressMusic é un terminal 3G que permite tanto reproducir música como acceder á web, destacando por contar con Say and (...)
Ler máisGuitar Hero podería incorporar micrófono e máis instrumentos seguindo os pasos de Rock Band
Pese a que Rock Band aínda non chegou a Europa, o éxito que está a acadar nos EE.UU. podería levar os responsables de NeverSoft a incorporar novas funcións ao futuro Guitar Hero IV. Espérase así que o xogo inclúa voz e máis instrumentos (o título de Harminix funciona con guitarra, batería e micrófono). Moitos consideran que Guitar Hero aínda é superior a Rock Band (...)
Ler máisUn dispositivo para o coche asegura que bloquea os localizadores GPS
As persoas máis preocupadas pola súa intimidade, e que queiran evitar ser rastrexados poden adquirir un novo dispositivo co que desprazarse no coche tranquilos, pois o GPS Tracker Defence con só conectarse no acendedor do vehículo desactiva calquera dispositivo GPS a 5 metros de distancia, o que impediría o funcionamento de localizadores instalados no coche. (...)
Ler máis0 | ... | 12120 | 12130 | 12140 | 12150 | 12160 | 12170 | 12180 | 12190 | 12200 | ... | 13030