As 3 triloxías de Star Wars xúntanse nun novo xogo de LEGO

martes, 5 de abril do 2022 Marcus Fernández

Durante os últimos anos non foron poucas as franquías cinematográficas que se adaptaron en forma de videoxogo baixo o prisma das figuras de LEGO, sendo unha das máis consolidadas a de Star Wars, que agora volve cun título que incorpora as 9 películas principais da saga, LEGO Star Wars: La Saga Skywalker, que xa está dispoñible para Xbox One, Xbox Series S|X, PlayStation 4, PlayStation 5, Nintendo Switch e PC.
Este novo xogo permítenos xogar como cabaleiro Jedi, Sith, rebelde, cazarrecompensas, droide... até máis de 300 personaxes, ou sexa, que ofrece unha grande liberdade á hora de movernos por 23 planetas do universo de LEGO Star Wars, tanto por terra como polo espazo, recreando tamén de xeito maxistral máis dun cento de vehículos e naves espaciais que puidemos ver no seu día en pantalla grande.
Con LEGO Star Wars: La Saga Skywalker podemos revivir os momentos máis emblemáticos e a acción das nove películas episódicas da franquía cinematográfica, reinterpretadas co humor típico de LEGO, de xeito que en cada partida deberemos elixir a triloxía na que queremos que se ambiente a nosa aventura.

Tráiler de LEGO Star Wars: La Saga Skywalker

PUBLICIDADE