Aseguran que iOS 18 non contará con Apple Intelligence
luns, 29 de xullo do 2024
O prato forte durante a pasada edición da WWDC foi, sen lugar a dúbidas, Apple Intelligence, a proposta da compañÃa de Cupertino para tirar proveito das novas tendencias en intelixencia artificial nos seus dispositivos, pero semella que o presentado vai demorar bastante en chegar ao público, pois tanto aseguran que algunhas das funcionalidades presentadas non serán realidade ata 2025, como adiantan que varias novidades adiarÃan considerablemente o seu lanzamento europeo por dúbidas que ten a compañÃa coa Lei de Mercados Dixitais.
Agora, Mark Gurman adianta en Bloomberg que Apple Intelligence non estará presenta en iOS 18 e iPadOS 18, sistemas operativos cos que se estrearán os novos iPhone e iPad que poidan lanzarse no mes de setembro, e que a previsión de Apple para a introdución da IA realizarÃase en iOS 18.1 e iPadOS 18.1 no mes de outubro. Continúa a comentar que moitas das funcións anunciadas non estarÃan dispoñibles ata o ano que vén (como a agardada evolución de Siri) e, polo momento, limitan Apple Intelligence a dispositivos en inglés de EE.UU. e para terminais con procesador A17 Pro ou Apple Silicon.
O curioso é que, aÃnda que Apple Intelligence tardará bastante en chegar aos consumidores finais, Gurman asegura que os desenvolvedores poderÃan comezar a facer probas con esta tecnoloxÃa esta mesma semana, a través da beta para desenvolvedores de iOS que chegará nos vindeiros dÃas.
