Avanza a planificación da factorÃa europea de IA que acollerá o CESGA
martes, 27 de xaneiro do 2026
A Xunta de Galicia e o Goberno de España avanzan en Bruxelas na planificación da futura Fábrica europea de intelixencia artificial One1HealthAI, que terá a súa sede no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e estará especializada no ámbito da saúde integral (humana, animal e ambiental). O proxecto foi concedido a finais do pasado ano e constitúe unha das 19 factorÃas deste tipo que operarán en Europa, das cales só dúas estarán situadas en España.
Neste contexto, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, participou este luns en Bruxelas nunha reunión de traballo co director xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e TecnoloxÃas (DG Connect) da Comisión Europea, Roberto Viola. O encontro contou tamén coa presenza do secretario de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades, Juan Cruz Cigudosa, a quen o conselleiro agradeceu a colaboración mantida entre ambas administracións.
O obxectivo da xuntanza foi definir a mellor planificación para o desenvolvemento desta infraestrutura estratéxica, chamada a converterse nun referente europeo pola súa contribución á investigación e á innovación en intelixencia artificial, biotecnoloxÃa e saúde, asà como polas oportunidades que abrirá neste eido.
Na reunión participaron tamén, por parte da Xunta de Galicia, a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Ademais, asistiron o subdirector xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e TecnoloxÃas da Comisión Europea, Thomas Skordas, e a secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Teresa Riesgo, entre outros representantes institucionais.
