Bizum prepárase para ofrecer pagamentos contactless
venres, 9 de xaneiro do 2026
O Grupo Caixa Rural converteuse no primeiro grupo financeiro de España en obter a certificación oficial para ofrecer Bizum Pay en iOS e Android, os dous sistemas operativos móbiles máis utilizados. A certificación permitirá que as 30 caixas rurais que integran o grupo (incluÃndo Caixa Rural Galega) lancen este novo wallet, pensado para facilitar os pagos tanto en comercios fÃsicos como en tendas en liña desde o teléfono móbil, aÃnda que cómpre lembrar que o grupo xa ofrece pagamentos a través de RuralvÃa Pay e as súas tarxetas son compatibles con Samsung Pay.
Bizum Pay preséntase como unha evolución do uso tradicional de Bizum, ampliando as súas posibilidades máis aló das transferencias entre particulares. A nova solución permitirá pagar achegando o móbil ao TPV nos establecementos fÃsicos ou realizar compras na Internet empregando unicamente o número de teléfono, sen necesidade de introducir datos adicionais. En cada operación, o cliente poderá escoller se pagar mediante Bizum (como transferencia inmediata) ou a través das súas tarxetas bancarias, mesmo se pertencen a outras entidades adheridas ao servizo.
A compatibilidade total con iOS e Android garante que Bizum Pay poida empregarse na práctica totalidade dos smartphones do mercado. Ademais, a experiencia de uso estará adaptada aos catro idiomas cooficiais do Estado, un elemento diferencial fronte a outros wallets internacionais.
Coa súa chegada, Bizum Pay competirá directamente con solucións consolidadas como Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay, ofrecendo unha alternativa centrada no ecosistema financeiro español e nun uso cotián sinxelo e seguro.
Os comercios tamén se verán beneficiados pola implantación do novo sistema. Os establecementos clientes de Caixa Rural poderán aceptar Bizum Pay sen necesidade de cambiar o seu TPV, mantendo os actuais sistemas de cobro. Entre as principais vantaxes destacan a liquidez inmediata das vendas, a seguridade nas operacións e unha experiencia de compra máis áxil para uns clientes xa familiarizados co uso de Bizum. Estas caracterÃsticas fan que a solución resulte especialmente atractiva para pequenos comercios, hostalarÃa e negocios con alta rotación de cobros.
O lanzamento oficial de Bizum Pay está previsto para mediados de 2026, unha data coa que o Grupo Caixa Rural aspira a marcar un novo fito na dixitalización dos medios de pago en España. Con esta iniciativa, a entidade reforza o seu compromiso coa innovación e coa oferta de servizos prácticos, seguros e adaptados ás necesidades reais do dÃa a dÃa dos seus clientes.
