BlaBlaCar conecta ao 98% dos municipios galegos este ano

mércores, 3 de decembro do 2025 S. P.

A plataforma de viaxes compartidas BlaBlaCar conectou ao 98% dos municipios galegos neste último ano. Esta porcentaxe aumentou en 4 puntos nos últimos catro anos, respecto ao 94% acadado en 2021.
Emporiso, BlaBlaCar ten máis da metade das provincias de Galicia conectadas ao 100% e só quedan sete localidades repartidas entre a provincia da Coruña, con só un municipio sen conectar (Toques) e Ourense con seis municipios pendentes de conectar (Castrelo do Val, Gomesende, Montederramo, Pontedeva, Porqueira e Quintela de Leirado). Esta mellora nas conexións galegas conseguiuse grazas á tecnoloxía Boost da plataforma, que permite que os condutores poidan atopar novos pasaxeiros en diferentes puntos do seu roteiro, xa que poden enviar solicitudes de reserva en paradas intermedias sen case desvío.
Deste xeito, Galicia sitúase como unha das cinco rexións mellor conectadas no último ano a través de BlaBlaCar, xa que 306 dos 313 municipios galegos tiveron polo menos unha opción de conexión a través do coche compartido. Galicia ocupa o cuarto posto xunto con Estremadura, tamén cun 98% do seu territorio conectado a través da plataforma. Por detrás da Comunidade de Madrid e Andalucía, co 99% dos seus municipios conectados e a Rexión de Murcia que conta co 100%.
O avance do carpooling en Galicia apréciase especialmente en municipios rurais, onde a oferta de transporte tradicional é reducida. De feito, no último ano BlaBlaCar conectou máis de 5.700 puntos de encontro diferentes ao longo do territorio galego, 200 máis en comparación ao ano anterior.
Coincidindo coa ponte da constitución, BlaBlaCar prevé rexistrar preto de 7.000 viaxes esta fin de semana en coche compartida en Galicia. Estes traxectos terán unha distancia media de 230 quilómetros e un custo medio de 15 euros. Os principais lugares de orixe, por número de viaxes, son: Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.